Saltar ao contido

Aeroporto de Sylt

Aeroporto de Sylt
Sylt Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Implicados
 Membro de
Datas
 Inauguración
1918 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
14/32
lonxitude: 2.120 m
amplitude: 45 m
material: formigón

06/24
lonxitude: 1.696 m
amplitude: 45 m
material: formigón
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Clientela
119.763 (2022)
138.621 (2015)
132.008 (2016)
128.866 (2017)
101.991 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   52 pés Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Localización
 Situado en
 Enderezo
Flughafenstraße 1, 25980 Sylt Editar o valor en Wikidata
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/05tslt Editar o valor en Wikidata
IATAGWT Editar o valor en Wikidata
ICAOEDXW Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+49-4651-920612 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Wikidata C:Commons

O aeroporto de Sylt (IATA: GWT, OACI: EDXW) é o aeroporto da illa alemá de Sylt, situado no municipio do mesmo nome. Opera principalmente voos estacionais de verán cara ás principais cidades de Alemaña, ademais de voos de aviación xeral e planadores.

Ás veces tamén é chamado aeroporto de Westerland/Sylt por Westerland, unha coñecida parte do municipio de Sylt pero que non é a localidade máis próxima ao aeroporto.

A illa de Sylt vén sendo un famoso destino de vacacións dende comezos do século XX. O seu primeiro pequeno aeroporto construíuse xusto despois da primeira guerra mundial e en 1919 iniciáronse as primeiras rutas regulares cara a Weimar, Hamburgo e Berlín.[1]

Durante a segunda guerra mundial traballouse extensivamente nas súas instalaciíns, ampliándoas para servir como base militar. Nos anos 60 o tráfico de vacacións regresou e desenvolveuse con forza a partir da década seguinte.[1]

No ano 1990 o aeroporto de Sylt recibiu novo equipamento técnico ademais de incorporar novas instalacións para os pasaxeiros.[1] A día de hoxe é capaz de operar avións de tamaño medio como o Boeing 737.

En xuño de 2015 Lufthansa CityLine anunciou a expansión dos seus servizos cara Sylt, pasando os seus voos dende Frankfurt e Múnic de ser estacionais a operarse durante todo o ano.[2]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Eurowings
operado por Germanwings
Estacional: Colonia/Bonn
Eurowings
operado por LGW
Düsseldorf (comeza o 19 de xaneiro de 2018)[3]
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Frankfurt, Múnic
Rhein-Neckar Air
operado por MHS Aviation
Estacional: Nürnberg
Sylt AirEstacional: Hamburgo
SkyWork AirlinesEstacional: Basilea/Mulhouse, Berna
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Estacional: Zürich

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 Flughafen Sylt (ed.). "Historia". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017.
  2. airliners.de (ed.). "Lufthansa verbindet ihre Drehkreuze auch im Winter mit Sylt". Consultado o 27 de novembro de 2017.
  3. Eurowings (ed.). "New routes". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017.