Aeroporto Grantley Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto Grantley Adams
Grantley Adams International Airport

Grantley Adams International Airport.jpg

IATA: BGI – ICAO: TBPB
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Barbados
Operador GAIA Inc.
Cidade/Illa Barbados
Localización Seawell, Christ Church
Elevación (msnm) 52 metros / 170 pés
Coordenadas 13°04′29″N 059°29′33″O / 13.07472, -59.49250Coordenadas: 13°04′29″N 059°29′33″O / 13.07472, -59.49250
Web https://www.gaia.bb/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 3 353 11 000 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 2 172 603[1]

O aeroporto internacional Grantley Adams (IATA: BGIOACI: TBPB) é o aeroporto internacional de Barbados, situado en Seawell, Christ Church. É o único porto de entrada designado para persoas que entran ou saen por aire en Barbados e opera como principal punto de entrada ao Caribe oriental. O aeroporto ten servizos directos a destinos nos Estados Unidos, Canadá, Centroamérica e Europa e serve como centro de conexións secundario para LIAT. No ano 2016 foi o oitavo aeroporto más concorrido da rexión do Caribe e o terceiro das Antillas Menores tras o aeroporto Raíña Beatrix en Aruba e o aeroporto de Pointe-à-Pitre en Guadalupe. O aeroporto tamén é un importante enlace aéreo para pasaxeiros de cruceiros que saen e chegan ao porto de Bridgetown,[2] e é unha base de operacións para o Sistema Recional de Seguridade e o Centro de Adestramento da Policía Rexional caribeña.

O seu antigo nome era aeroporto de Seawell, antes de que se bautizase na honra do primeiro primeiro ministro de Barbados, Sir Grantley Herbert Adams, no ano 1976. Foi centro de conexións para as defuntas aeroliñas barbadenses Caribbean Airways e REDjet, a sede da aeroliña chárter West Indies Executive Air e antiga sede da escola de voo Coconut Airways.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air Antilles Express Fort-de-France, Pointe-à-Pitre
Air Canada Estacional: Montreal-Trudeau
Air Canada Rouge Toronto-Pearson
American Airlines Charlotte, Miami
British Airways Londres-Gatwick
Caribbean Airlines Porto España
Condor Frankfurt
Estacional: Múnic
Condor
operado por Air Transat
Estacional: Düsseldorf
Eurowings
operado por SunExpress Deutschland
Estacional: Colonia/Bonn
JetBlue Airways Boston, Fort Lauderdale, Nova York-JFK
Estacional: Newark
LIAT Antiga, Dominica-Douglas-Charles, Fort-de-France, Georgetown-Correira, Granada, Porto España, Saint Kitts, Santa Lucía-Charles, San Vicente-Argyle, Sint Maarten, Tortola
Estacional: Pointe-à-Pitre
Thomas Cook Airlines Estacional: Londres-Gatwick, Manchester
TUI Airways Estacional: Birmingham, Londres-Gatwick, Manchester
Chárter estacional: Cardiff, Glasgow, Newcastle
Virgin Atlantic Londres-Gatwick, Manchester
Estacional: Londres-Heathrow[3]
WestJet Toronto-Pearson

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Ameriflight Aguadilla, San Xoán
Amerijet International Barcelona (VE), Fort-de-France, Granada, Miami, Porto España, Santiago de los Caballeros, Santa Lucía-Hewanorra, San Vicente-Argyle
Caribbean Airlines Cargo
operado por ABX Air
Miami, Porto España
DHL Air Caracas, Porto España
Etihad Cargo Ámsterdam, Bogota, Frankfurt-Hahn, Milán-Malpensa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GAIA (ed.). "Statistics". Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  2. The Barbados Advocate (ed.). "Forecast looking good for passenger growth". Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "Virgin Atlantic adds Heathrow – Barbados seasonal service in W17". Consultado o 26 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]