China Eastern Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
China Eastern Airlines
中国东方航空公司
China Eastern Airlines A330-300 B-6097 SVO 2011-6-17.png
IATA
MU
OACI
CES
Indicativo
CHINA EASTERN
Fundación 25 de xuño de 1988
Plan de voo frecuente Eastern Miles
Alianza SkyTeam Skyteam Logo Alliance.png
Subsidiarias China Cargo Airlines
China United Airlines
Shanghai Airlines
Frota 376
Destinos 211
Eslogan da compañía Traveling the globe, making dreams come true
Sede Shanghai, China
Páxina web: http://global.ceair.com/

China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011.[1] No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.[2]

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de China Eastern Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P J Y Total
Airbus A319-100 27 8 114 122
Airbus A320-200 144 86 8 150 158 Operador máis grande do A320. Entregas ata 2017.
Airbus A321-200 37 20 157 177
Airbus A330-200 23 7 24 240 264
Airbus A330-300 13 38 260 298
Airbus A340-600 5 8 42 272 322 Serán retirados cara 2015.[3]
Boeing 737-300 16 8 120 128 Serán substituídos por A320 e 737 NG
Boeing 737-700 48 8 126 134
Boeing 737-800 37 33 8 162 170
Boeing 777-300ER 20 6 52 258 316 Substituíndo aos A340-600, serán entregados en setembro de 2014.
COMAC C919 20 -
Embraer ERJ 145 10 50 50
Total 373 150

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air Transport World (ed.). "China Eastern becomes 14th SkyTeam member". Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  2. China Eastern (ed.). "Anuncio de resultados do ano 2012" (PDF). Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  3. Centr for Aviation (ed.). "China Eastern to purchase 777–300ER aircraft, to divest five A340-600s to Boeing". Consultado o 3 de setembro de 2014.