Saltar ao contido

Aeroporto do Porto Santo

Aeroporto do Porto Santo

IATA: PXO – ICAO: LPPS
Sumario
Cidade/Illa Porto Santo
Localización Vila Baleira
Elevación (msnm) 103 metros / 338 pés
Coordenadas
Web ana.pt
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 3 000 9 843 asfalto/formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 154 558

O aeroporto do Porto Santo (IATA: PXOOACI: LPPS) é un aeroporto portugués situado en Vila Baleira a capital da illa de Porto Santo, en Madeira.

A illa de Porto Santo foi a primeira das illas de Madeira en ter un aeroporto. No ano 1959 construíuse a súa pista cunha lonxitude inicial de 2 000 metros. O primeiro avión en aterrar foi un Douglas DC-4 de TAP Portugal o día 20 de xullo de 1960.

As infraestruturas do aeroporto foron mellorándose co tempo, incrementándose a lonxitude da pista e a superficie da plataforma. As últimas melloras remataron o 28 de agosto de 1995 coa inauguración dunha nova terminal de pasaxeiros e un novo incremento da lonxitude da pista ata acadar os 3 000 metros.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aero VIP Funchal
Azores Airlines Chárter: Lisboa, Porto
Condor Estacional: Düsseldorf, Frankfurt[1]
Danish Air Transport Chárter estacional: Billund, Copenhague
Enter Air Chárter: Funchal, París-Charles de Gaulle
Everjets Chárter: Lisboa
Germania Estacional: Düsseldorf
Neos Chárter: Milán-Malpensa
TAP Air Portugal Lisboa
Chárter estacional: Porto[2]
Travel Service Chárter: Varsovia-Chopin[3]
TUI Airways Estacional: Birmingham, Londres-Gatwick, Manchester[4]
TUI fly Belgium Estacional: Bruxelas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Routes Online (ed.). "Condor Adds Porto Santo Service in S17". Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  2. Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Porto – Porto Santo charters in S17". Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  3. DN Noticias (ed.). "Nova operação aérea entre o Porto Santo e a cidade de Varsóvia". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  4. DN Noticias (ed.). "Manchester/Porto Santo a partir do Verão de 2012". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2017.