Vietnam Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vietnam Airlines
VN-A332 Airbus A321 Vietnam Airlines (7851250050).jpg
IATA
VN
OACI
HVN
Indicativo
VIET NAM AIRLINES
Fundación15 de xaneiro de 1956 (como Vietnam Civil Aviation)
Plan de voo frecuenteLotusMiles
AlianzaSkyTeam
Frota87
Destinos64
Páxina web: https://www.vietnamairlines.com

Vietnam Airlines (vietnamita: Hãng Hàng không Quốc gia Việt Nam) é a aeroliña nacional de Vietnam.[1] Fundada en 1956 co nome Vietnam Civil Aviation, a compañía estableceuse como unha empresa estatal en abril de 1989. Vietnam Airlines ten a súa sede no distrito Long Biên de Hanoi, e ten centros de conexións no aeroporto de Nội Bài e no aeroporto de Tân Sơn Nhất. A aeroliña voa a 64 destinos en 17 países, sen contar os códigos compartidos.

Dende o seu nacemento ata principios dos 90, Vietnam Airlines era unha aeroliña menor dentro da industria aeronáutica xa que foi obstaculizada por unha variedade de factores, incluíndo a situación socioeconómica e política do país. Coa normalización das relacións do goberno cos Estados Unidos, a aeroliña foi capaz de medrar, mellorou os seus produtos e servizos e modernizou a súa anticuada frota. En 1996 o goberno vietnamita mercou 20 compañías de servizos para formar Vietnam Airlines Corporation, sendo a aeroliña a súa peza central. En 2010 a corporación reestruturouse nunha sociedade de responsabilidade limitada e pasou a chamarse Vietnam Airlines Company Limited. Un consello de administración de sete persoas, nomeadas polo primeiro ministro vietnamita, supervisa a compañía.

Como o transporte de pasaxeiros constitúe a súa actividade principal, Vietnam Airlines xoga un rol crucial no desenvolvemento económico do país. Posúe o 100% de Vietnam Air Service Company, unha aeroliña rexional do sur do país, o 70% da low-cost Jetstar Pacific Airlines, e o 49% da aeroliña nacional camboxana Cambodia Angkor Air. Ademais, a corporación ten ingresos procedentes do catering e do mantemento e revisións de avións a través de varias subsidiarias, como Vietnam Airlines Engineering Company e Vietnam Airlines Caterers. A compañía tamén diversificou os seus investimentos na industrias do alugueiro de aeronaves e servizos aeroportuarios, e está buscando fabricar compoñentes de aeronaves. A compañía tamén controla e opera unha división de carga, Vietnam Airlines Cargo.

Vietnam Airlines converteuse en membro de SkyTeam en xuño de 2010, sendo a primeira aeroliña do Sueste Asiático en unirse a esa alianza.

Frota[editar | editar a fonte]

En novembro de 2018 a frota de Vietnam Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Vietnam Airlines

Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y+ Y Total
Airbus A321-200 57[4] 16 162 178 Un pintado coa librea de SkyTeam.[5]
16 168 184
8 195 203
Airbus A321neo 1[6] 17 8 195 203[7] Serán entregados entre 2018 e 2019.[8][9]
Airbus A330-200 3 24 242 266 Un pintado coa librea de SkyTeam.[5]
Van ser retirados en 2018.[10]
18 251 269
24 256 280
Airbus A350-900 12 2 29 45 231 305[11]
ATR 72-500 3 Descoñecido
Boeing 787-9 11 28 35 211 274[11]
28 283 311
Boeing 787-10 8
TBA
Entregas a partir de 2019.[8]
Total 87 27

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aircraft News-May 8, 2017 | Airframes content from ATWOnline". 2017-05-09. Consultado o 2018-12-01. 
  2. "Vietnam Airlines fleet: A321neo delays impact growth". CAPA Aviation. CAPA Aviation. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-27. Consultado o 2018-12-02. 
  3. "Our Fleet". Vietnam Airlines. Consultado o 2018-12-02. 
  4. "Airbus Orders and deiveries – March 2018". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 2018-12-02. 
  5. 5,0 5,1 "SkyTeam livery fact sheet" (PDF). SkyTeam. Consultado o 2018-12-02. 
  6. "Vietnam Airlines adds first A321neo". Ch-aviation. Consultado o 2018-12-02. 
  7. "Máy bay A321neo đầu tiên gia nhập đội bay Vietnam Airlines". Zing News. Consultado o 2018-12-02. 
  8. 8,0 8,1 "Air Lease Corporation Announces Placements of 12 New Airbus A321neo Aircraft with Vietnam Airlines" (Nota de prensa). Air Lease Corporation. 18 de outubro de 2016. Consultado o 2018-12-02. 
  9. "Vietnam Airlines leases six A321neo aircraft". VietnamNet Bridge. 15 de febreiro de 2017. Consultado o 2018-12-02. 
  10. "Vietnam Airlines begins new chapter with A350s, 787s. Are 777-8Xs and a strategic investor next? | CAPA - Centre for Aviation". 2015-09-14. Consultado o 2018-12-02. 
  11. 11,0 11,1 "Vietnam Airlines to receive first 787-9 in May; A350-900 in June | Airframes content from ATWOnline". 2015-02-18. Consultado o 2018-12-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]