O aeroporto de Heringsdorf(IATA: HDF,OACI: EDAH) é un aeroporto rexional situado preto de Garz, na illa alemá de Usedom. Foi unha base aérea da Alemaña Oriental e a día de hoxe é operado para voos de lecer dende cidades de Alemaña e Suíza e para a aviación xeral.
O aeroporto toma o seu nome do municipio próximo de Heringsdorf, situado a uns 10 quilómetros ao norte. Porén, a cidade máis grande da illa é Świnoujście, en Polonia, xusto ao leste do aeroporto.