Aeroporto de Sá Carneiro
| Aeroporto de Sá Carneiro | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Área Metropolitana de Porto | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Transporte | |||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||
|
Estación de intercambio
| |||||||||||
|
Pistas de aterraxe
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O aeroporto Francisco Sá Carneiro ou aeroporto internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.
O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa ANA - Aeroportos de Portugal, SA e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3 402 893 pasaxeiros, 2 600 toneladas de carga e 4 120 voos.
É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do aeroporto de Lisboa e do aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custo, en concreto da compañía Ryanair.
O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3 480 m de longo e 45 m de ancho.
Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara ao sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodaxe.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Aegean Airlines | Estacional: Atenas |
| Aigle Azur | París-Orly |
| Air Algerie | Estacional: Alxer |
| Air Canada Rouge | Estacional: Toronto-Pearson |
| Air Europa | Madrid |
| Air France | Estacional: París-Charles de Gaulle |
| Air Transat | Toronto-Pearson Estacional: Montreal-Trudeau |
| Arkia | Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion |
| Azores Airlines | Ponta Delgada |
| British Airways | Londres-Gatwick |
| Brussels Airlines | Estacional: Bruxelas |
| Czech Airlines | Estacional: Praga |
| easyJet | Bristol, Funchal, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Luxemburgo, Lión, Manchester, Nantes, París-Charles de Gaulle, Stuttgart, Tolosa |
| easyJet Switzerland | Basilea-Mulhouse, Xenebra |
| Eurowings | Estacional: Düsseldorf |
| Eurowings | Estacional: Múnic |
| Eurowings operado por Eurowings Europe | Estacional: Viena |
| Iberia operado por Air Nostrum | Madrid Estacional: Menorca |
| KLM | Ámsterdam |
| Lufthansa | Frankfurt, Múnic |
| Luxair | Luxemburgo |
| Royal Air Maroc | Casablanca |
| Ryanair | Barcelona, Beauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Bordeos, Bruxelas, Châlons-Vatry, Charleroi, Colonia/Bonn, Copenhague, Dole, Dortmund, Dublín, Edimburgo, Eindhoven, Faro, Frankfurt,[1] Hahn, Hamburgo, Karlsruhe/Baden-Baden, Cracovia, Lisboa, Lille (remata en novembro de 2017), Liverpool, Londres-Stansted, Lorient, Luxemburgo, Madrid, Malta (comeza en marzo de 2018), Marsella, Memmingen, Milán-Malpensa, Nápoles (comeza en outubro de 2017), Nürnberg, Ponta Delgada, Roma-Ciampino, Saint-Étienne, Estrasburgo, Tenerife-Sur, Terceira, Tours, Valencia, Varsovia-Modlin, Weeze Estacional: Boloña, Bremen, Carcasona, Clermont-Ferrand, Gran Canaria, La Rochelle, Palma de Mallorca |
| Sun D'Or operado por El Al | Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion |
| Swiss International Air Lines | Xenebra, Zürich |
| TAAG Linhas Aéreas de Angola | Luanda |
| TAP Portugal | Funchal, Xenebra, Londres-Gatwick, Luxemburgo, Newark, París-Orly, Río de Janeiro-Galeão, São Paulo-Guarulhos Chárter estacional: Porto Santo,[2] Almería,[3] Agadir[4] |
| TAP Portugal operado por TAP Express | Ámsterdam, Lisboa, Londres-Gatwick, Madrid, Zürich |
| Transavia | Ámsterdam |
| Transavia France | Funchal, Lión, Nantes, París-Orly |
| Turkish Airlines | Istanbul-Atatürk |
| United Airlines | Estacional: Newark (comeza en maio de 2018)[5] |
| Vueling | Ámsterdam, Barcelona, París-Orly, Zürich |
| Wizz Air | Budapest, Varsovia-Chopin, Wrocław (comeza en marzo de 2018) |
Carga
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Air France Cargo | Cidade de México, París-Charles de Gaulle |
| ASL Airlines Belgium | Liexa |
| ASL Airlines France | Brive, Rennes[6] |
| DHL Aviation operado por European Air Transport Leipzig | Leipzig/Halle, Londres-Heathrow, Vitoria |
| UPS Airlines operated by Star Air | Colonia/Bonn, Lisboa |
Accesos
[editar | editar a fonte]O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.
Dende Galicia hai ligazóns regulares ao aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.
Premios
[editar | editar a fonte]O aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:
- En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas [7].
- En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeiros[8].
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ryanair (ed.). "Ryanair Stellt Winterflugplan 2017/2018 Für Frankfurt Am Main Vor". Consultado o 7 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Porto – Porto Santo charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Almeria scheduled charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds new summer Morocco charters from June 2017". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ USA Today (ed.). "United Airlines: Iceland, Portugal included among four new Europe routes". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Air Journal (ed.). "Europe Airpost desservira Porto et Vienne en lignes régulières". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ "Noticia Arquitectura". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ Noticia de JN: Aeroporto Sá Carneiro é o terceiro melhor da Europa Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués)
