Air India
| Air India | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Air India é a aeroliña nacional da India.[1] Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións Airbus e Boeing que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional Indira Gandhi, en Nova Deli, xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%.[2] A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras IndiGo e Jet Airways), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de 2017. A aeroliña converteuse en membro da alianza Star Alliance o 11 de xullo de 2014.
A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en 1932; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor de Havilland Puss Moth transportando correo dende Karachi a Bombai e posteriormente ata Madras. Tras a segunda guerra mundial converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O 21 de febreiro de 1960 recibiu o seu primeiro Boeing 707, bautizado como Gauri Shankar, converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota.[3] En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende 2006 en diante sufriu perdas tras a súa fusión con Indian Airlines.
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En decembro de 2020 a frota principal de Air India estaba formada polos seguintes avións:[4][5]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| F | J | Y | Total | Refs | ||||
| Airbus A319-100 | 22 | — | — | 8 | 114 | 122 | [6] | |
| — | — | 144 | 144 | [7] | ||||
| Airbus A320-200 | 10 | — | — | — | 168 | 168 | [8] | Van ser retirados. |
| — | 12 | 138 | 150 | |||||
| Airbus A320neo | 27 | — | — | 12 | 150 | 162 | [9] | Substitúen aos A320-200. VT-EXO pintado coa librea Star Alliance. |
| Airbus A321-200 | 20 | — | — | 12 | 170 | 182 | [10] | |
| Boeing 747-400 | 3 | — | 12 | 26 | 385 | 423 | [11] | Van ser retirado en 2021 e substituídos por Boeing 777-300ER. |
| 1 | Usado como Air India One | |||||||
| Boeing 777-200LR | 3 | — | 8 | 35 | 195 | 238 | [12] | |
| Boeing 777-300ER | 13 | — | 4 | 35 | 303 | 342 | [13] | VT-ALJ pintado coa librea Star Alliance Os máis novos substituirán aos 747-400. |
| 2 | Usados como Air India One | |||||||
| Boeing 787-8 | 27 | — | — | 18 | 238 | 256 | [14] | VT-ANU pintado coa librea Star Alliance |
| Total | 125 | — | ||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Economist (ed.). "Flying low: India’s flag carrier is in big trouble". Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Financial Express (ed.). "Air traffic soars 15% in April; Indigo stays on top; Air India marketshare flat at 12.9%". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Airwhiners (ed.). "Air India : The history of the aircraft fleet". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ "Fleet - Air India". www.airindia.in. Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "Air India Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "Airbus 319 (Mixed Configuration)". Air India.
- ↑ "Airbus 319 (Single Configuration)". Air India.
- ↑ "A320-214 CEO". Air India.
- ↑ "A320-251 NEO". www.airindia.in. Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "Air India Airbus A321". Air India. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Air India Boeing 747-400". Air India. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Air India Boeing 777-200LR". Air India. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Air India Boeing 777-300ER". Air India. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Air India Boeing 787-8 Dreamliner". Air India. Consultado o 20 de decembro de 2020.