Xosé Luís Rodríguez Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xosé Luís Rodríguez Pardo
Nacemento 13 de decembro de 1936
  A Coruña
Falecemento 12 de xuño de 2018
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Rodríguez Pardo, nado na Coruña o 13 de decembro de 1936 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2018,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou no Consello da Mocedade e na fundación do Partido Socialista Galego en 1963 e no Consello de Forzas Políticas Galegas. Foi fundador da Agrupación Cultural O Galo de Santiago (1961) e da Agrupación Cultural O Facho da Coruña (1963). Formou parte das primeiras directivas de ADEGA.

Partidario de achegarse ao PSOE formou parte con Ceferino Díaz e Fernando González Laxe do Colectivo Socialista-PSG, constituído o 2 de abril de 1978. Plasmaron o seu proxecto no manifesto coñecido como Documento dos 19, foron expulsados do PSG e integráronse no PSdeG-PSOE.

Participou na elaboración do Estatuto dos dezaseis, e nas Cortes Xerais no texto material do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982) e senador na II e III lexislatura (1982-1989).

Colaborou en distintos medios de prensa, como no desaparecido Xornal.com

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (13 de xuño de 2018). "Falece o socialista Xosé Luís Rodríguez Pardo, cofundador do PSG". Sermos Galiza. Consultado o 13 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]