Vítor III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XI
Antipapas

Victor III. - Desiderius of Montecassino.jpg

Dauferio Epifani, máis coñecido como Desiderio da Montecassino, baixo o nome de Vítor III, nado ao redor do 1026 en Benevento, e finado na abadía do abadía do Monte Cassino o 16 de setembro de 1087 foi o papa número 158 da Igrexa Católica Romana dende 1086 ata 1087. Era fillo do príncipe Landulfo V de Benevento.

Elixido como novo Papa o 24 de maio de 1086, feito que lle amolou profundamente, polo que intentou atrasar a súa consagración como pontífice. Debido a isto, non accedeu realmente ao trono pontificio ata o 9 de maio de 1087, e cando o fixo abandonou Roma e se retirou de novo a abadía do Monte Cassino, da cal fora o abade. Este feito foi aproveitado polo antipapa Clemente III para aumentar o seu poder na capital italiana, polo que cando Vítor III volveu de novo a Roma (debido en gran parte ás presións da condesa Matilde de Toscana) tivo que abandonala outra vez tras unha estancia moi curta. En agosto presidiu un sínodo en Benevento no que excomungou a Clemente III, prohibiu a lei das investiduras e promoveu unha acción armada contra os musulmáns do norte de África, un precedente do que serían logo as Cruzadas. Caeu enfermo durante o desenvolvemento do sínodo e retirouse por última vez a Montecassino, onde morreu o 16 de setembro de 1087.