Arante, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′N 07°10′W / 43.483°N 7.167°W / 43.483; -7.167

Arante
IgrexaVirtudesAPonte050516peq.JPG
Igrexa das Virtudes na Ponte.
Concello Ribadeo
Área 14,09 km²
Poboación (Ano 2004) 271 hab.
Densidade 108,1 hab./km²
Entidades de poboación 8

San Pedro de Arante é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo e eclesiasticamente ó arciprestado da Ría de Abres.

Índice

[editar] Xeografía

Limita coas parroquias de Covelas, Cedofeita, Vidal e A Fórnea (Trabada) e Vilamartín Pequeno (Barreiros); tamén limita cara o norte cos montes de Penalonga e o Alto do Móndigo. Entre os seus regatos e río destacan o Lexoso (cara o norleste) e o Arante (que fai de entronque co anterior e que, dirixíndose o sur, pasará a chamarse río Grande).

Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de Ribadeo, cunha altitude media de 440 m. ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación). Os 271 habitantes, segundo o censo de 2004, están agrupados en 8 entidades e 5 lugares, cunha densidade media 19,2 hab/km2.

As entidades de poboación son O Barredal (27), Os Bestilleiros (23), Cei (44), Cima de Vila (17), Fondo de Vila (23), A Ponte (14), Remourelle (98) e Vilamariz (25). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Os Fornos, A Madanela, As Pereiriñas, Portobragán e Rego de Mel.

A parroquia está documentada como Alanti.

Situación xeográfica
Arante, Ribadeo.jpg
Mapa de situación en Galicia da parroquia
Arante, Ribadeo
Concello ó que pertence: Ribadeo

[editar] Historia

A parroquia de Arante aparece citada en varias ocasións no libro de Francisco Lanza "Ribadeo Antigo", referíndose a existencia dun castro levantado sobre un montículo natural. Dentro de termo existen varias capelas, como a de Santa María Madalena, no barrio de Remourelle, e a da Nosa Señora das Virtudes no da Ponte. Pero segundo outras fontes a parroquia recibe o seu nome do río Arante que flúe ó pé do seu val. Este nome está formado pola raíz indoeuropea Ar (correr, fluír), e polo sufixo ante, moi frecuente en formacións preromanas de raíces hidronímicas, como Serantes, Amarante, etc.

[editar] Patrimonio

Ademais das capelas mencionadas, destaca a igrexa parroquial de San Pedro de Arante, do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.

Xa na aldea da Ponte (ademais da capela) resalta a celebración dunha romaría de orixe medieval, que conmemora a vitoria sobre os franceses. É unha festa de gran colorido onde se sacuden uns pendóns de cores. Ten un gran valor histórico a recuperación realizada nestes últimos anos desta festa.

[editar] Festas

A festa patronal, na honra de San Pedro, é o 29 de xuño, celebrándose cunha pequena procesión.
Celebra a Festa das Cruces sete semanas despois da Semana Santa. É unha pequena romaría e procesión na que se levan sete cruces de sete parroquias distintas, (que simbolizan as sete parroquias orixinarias do concello).
O 21 de agosto celébrase a Festa da Magdalena.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Arante

Lugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo)

O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz

[editar] Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas