Sanmartiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanmartiño
Sanmartiño no Aquarium Finisterrae da Coruña.
Sanmartiño no Aquarium Finisterrae da Coruña.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Zeiformes
Familia: Zeidae
Xénero: Zeus
Especie: Z. faber
Nome binomial
Zeus faber
Linnaeus, 1758

O Sanmartiño ou Peixe de San Pedro, nome científico Zeus faber, é un peixe do xénero Zeus de gran distribución. É un peixe comestible de augas profundas cun corpo comprimido lateralmente de cor oliva-amarelo que ten unha gran mancha escura no seu costado, e grandes espiñas na aleta dorsal. A súa mancha escura utilízaa como un 'ollo malvado' no caso de que se lle achegue algún perigo. Os seus grandes ollos diante da cabeza proporciónanlle unha visión bifocal e percepción da profundidade, cualidades importantes para os depredadores. A mancha en forma de ollo dos laterais do Sanmartiño tamén confunde á presa, que son engulidas coa súa gran boca.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Peixe de Samartiño, peixe samartiño, samartiño
  • Peixe de San Pedro
  • Peixe galo, galo de mar
  • Pirlo

O nome de peixe de san Pedro provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando colleu un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos.

En Galicia, esta lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro.

Os nomes de galo e peixe galo proceden das longas aletas dorsais que lembran a crista do galo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sanmartiño
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sanmartiño