Salmónidos
| Salmónidos | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Troita (Salmo trutta) |
|||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||
| Xéneros | |||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||
Os salmónidos son a familia Salmonidae, a única da orde dos Salmoniformes, peixes mariños e de río que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo home en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca.[1]
O seu nome procede do latín salmo, que é como chamaban na antiga Roma a estes peixes.[2] Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Cretácico superior.[3]
Índice |
Anatomía [editar]
Teñen escamas pequenas tipo cicloide; non presentan espiñas nas aletas, tendo todos eles no seu lombo unha aleta adiposa; algunha especie pode acadar os 1,5 metros de lonxitude máxima.[1]
Hábitat e bioloxía [editar]
Moitos destes peixes son anádromos, pasando parte da súa vida no mar, pero retornando aos ríos que remontan até preto da súa cabeceira para desovar nos leitos de grava; tras isto moitos deles morren.[1]
Importancia para o home [editar]
Son especies moi valoradas na pesca, tanto comercial como deportiva; tamén moitas son moi usadas na acuicultura, tendo gran importancia a súa comercialización para a alimentación humana.[1]
Xéneros [editar]
Existen 209 especies válidas, agrupadas nos 11 xéneros seguintes [1]:
- Subfamilia Coregoninae:
- Subfamilia Salmoninae:
- Acantholingua (Steindachner, 1892)
- Brachymystax (Günther, 1866)
- Hucho (Günther, 1866)
- Oncorhynchus (Suckley, 1861)
- Salmo (Linnaeus, 1758)
- Salvelinus (Richardson, 1836)
- Salvethymus (Chereshnev e Skopets, 1990)
- Subfamilia Thymallinae:
- Thymallus (Linck, 1790)