Atún patudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atún patudo
Thobe u0.gif
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Scombridae
Xénero: 'Thunnus'
Especie: ''T. obesus''
Nome binomial
''Thunnus obesus''
(Lowe, 1839)

O atún patudo (Thunnus obesus) é unha peixe da familia dos túnidos que se atopa nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos, mais preferindo o intervalo de temperaturas entre 17º e 22º C[1].

É un peixe corpulento, que chega a acadar un peso de 210 kg, de crecemento rápido, cunha idade máxima estimada en once anos. Ten un comportamento peláxico, cos peixes de tamaños pequenos formando cardumes na superficie, mentres os adultos se concentran en augas profundas. Ovos e larvas planctónicas. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos, tanto de día, como durante a noite.

Ten a primeira aleta dorsal e as aletas amarelo fortes, mentres que a segunda dorsal e a anal son só amareladas. O corpo é claro cunha faixa azul iridescente nos lados (visíbel só en exemplares vivos).

Ten grande importancia para a pesca, sendo comercializado principalmente conxelado e enlatado; adquire un valor elevado para a produción de sashimi. É considerado unha especie vulnerable pola IUCN[2].

As capturas aumentaron liñalmente (aínda que con flutuacións) dende mediados do século XX até 2000, cando se chegou a preto de 400 mil toneladas mundialmente; os países que rexistran maiores capturas son o Xapón e Corea do Sur[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ?Thunnus obesus? no sitio web FishBase.org (en inglés) acessado a 17 de xuño de 2009
  2. Uozumi, Y. 1996. Thunnus obesus. In: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.1. <www.iucnredlist.org> (en inglés) acessado a 18 June 2009
  3. ?Thunnus obesus? no sitio web da FAO (en inglés) acessado a 18 de xuño de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Atún patudo