Troita común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Reo")
troita común
Trucha.JPG
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Xénero: 'Salmo'
Especie: ''S. trutta''
Nome binomial
''Salmo trutta''
Linnaeus, 1758
Morfos
  • Salmo trutta morfo trutta
  • Salmo trutta morfo fario
  • Salmo trutta morfo lacustris

A troita común, troita marrón ou reo (Salmo trutta) é a troita máis común da familia dos salmónidos.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Aínda que suxeita nos últimos anos a continuas variacións e estudos de parentesco entre subespecies, podemos considerar as seguintes subespecies da troita común:

Anatomía[editar | editar a fonte]

A súa cor nos ríos é marrón máis escura no lombo, cara aos flancos un marrón dourado e remata na súa rexión abdominal, cunha cor branca amarelada. Ten pintas repartidas no seu corpo, na parte superior son verdes ou marróns e nos costados mestúranse con pintas vermellas envoltas en círculos pálidos. É moi corpulenta e chegáronse a ver exemplares de até 14 kg.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Provén de Europa e é a máis salvaxe de todas e demóstrao defendendo o seu territorio con agresividade. Atópase en gran cantidade de ambientes. Aliméntase de insectos acuáticos e terrestres (estados larvais e adultos), crustáceos e os exemplares adultos son grandes consumidores de peixe.

É a especie de troita favorita dos pescadores deportivos, debido a que vive en ambientes pouco accesibles, onde ás veces é difícil chegar cun reclamo, sumándose a isto, as súas características de modalidade esquiva, impredicible, agresiva e enormemente astuta, que a fan difícil de enganar, configurando a súa captura como un feito realmente especial.

A troita na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • A muller e a troita pérdense pola boca.
  • A troita e o unto canto máis vellos millor.
  • A troita pra que che guste ha de ter sete efes: fresca, fría, frita, fiada, fragosa, fea e femia.[1]
  • Ende vindo o perdigón, perde a troita sazón.
  • Non se pillan as troitas coas bragas enxoitas.
  • O que troitas quer pescar, as calzas ten que mollar.
  • Troita cara non é sana.
  • Troita de hoxe; pan, de onte; carne, de antronte.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar.
  • Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta.

Fraseoloxía[editar | editar a fonte]

  • Ter moita troita: Sarmiento recolleu esta expresión co significado de ter moita picardía, e engade que “Creo que es la treta castellana”.
  • Estar coma a troita na auga, dise a quen vive comodamente.
  • Picado da troita: dise de quen ten pencas na cara. Mancha ou marxa da troita é a propia penca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ’’Fragosa’’ quere dicir que vive en augas batidas, con penedos.
  • Heacox, Cecil E. (1974). The Complete Brown Trout. ISBN 0876911297.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Troita común
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Troita común

Bibliografía[editar | editar a fonte]