Salmónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Salmoniformes")
Salmónidos
Salmonidae

Rango fósil: cretácico superior -
actualidade [1] [2]
Troita (Salmo trutta fario)
Troita (Salmo trutta fario)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Bleeker, 1859
Familia: Salmonidae
G. Cuvier, 1816
Xéneros
Ver no texto

A dos salmónidos (Salmonidae) é a única familia da orde dos salmoniformes (Salmoniformes), peixes teleósteos mariños, os máis deles anádromos e algúns de augas doces, que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo home en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca,[1]

Inclúe especies como as troitas e os salmóns do Vello Mundo, os salmóns do Pacífico, as troitas do xénero Salvelinus, os corégonos (xénero Coregonus) e os tímalos (xénero Thymallus).

Algunhas das súas especies son, ademáis, extensamente criadas en acuicultura, tanto que existe una especialidade dentro deste tipo de actividades, a acuicultura de salmónidos.

Os salmoniformes apareceronn por primeira vez no rexistro fósil no cretácico superior.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome científico, Salmoniformes deriva do latín salmo, que é como chamaban na antiga Roma ao salmón,[3] e o elemento -iformes, co que se constrúen os nomes das ordes de peixes.

Ademais da orde, salmo dá o nome ao xénero Salmo, que é o tipo nom só da orde, senón tamén da súa única familia, Salmonidae, ao que pertence o salmón propiamente dito e as troitas.[4]

Anatomía[editar | editar a fonte]

Teñen escamas pequenas tipo cicloide; non presentan espiñas nas aletas, tendo todos eles no seu lombo unha aleta adiposa; algunha especie pode acadar até 1,5 m de lonxitude máxima.[1]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Moitos destes peixes son anádromos, pasando parte da súa vida no mar, pero retornando aos ríos que remontan até preto da súa cabeceira para desovar nos leitos de grava; tras isto moitos deles morren.[1]

Importancia para o home[editar | editar a fonte]

Son especies moi valoradas na pesca, tanto comercial como deportiva; tamén moitas son moi usadas na acuicultura, tendo gran importancia a súa comercialización para a alimentación humana.[1]

Xéneros[editar | editar a fonte]

Coregonus clupeaformis
Thymallus arcticus

Existen 209 especies válidas, agrupadas nos 11 xéneros seguintes:[1] [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Salmonidae" en FishBase. Versión de decembro de 2008. Consultada o 30 de agosto de 2014.
  2. 2,0 2,1 Resetnikov, J. S. (1988): "Coregonid fishes in recent conditions". Finnish Fisheries Research 9: 11-16.
  3. Romeu, P. (2002). An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
  4. 4,0 4,1 Salmonidae no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salmónidos Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salmónidos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resume
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336-351.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]