Salmón coho
| Salmón coho | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Non avaliado | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Oncorhynchus kisutch'' Walbaum, 1792 |
|||||||||||||||
O salmón coho (Oncorhynchus kisutch) (do ruso кижуч kizhuch), tamén coñecido como salmón prateado ou salmón do pacífico, é unha especie de peixe eurihalino e anádromo que se atopa dentro da familia dos salmóns.
Durante a súa etapa oceánica, ten lados prateados e o lombo azul escuro. Durante a súa etapa de reprodución, as mandíbulas e dentes cúrvanse en forma de gancho, e desenvolven lados vermello rechamante, cabeza e dorso verde azulado, con manchas escuras no dorso e ventre escuro. Durante a maduración sexual desenvolve unha difusa mancha rosa ao longo do ventre e os machos poden amosar un lixeiro arqueamento no lombo. O salmón Coho maduro amosa un nariz en gancho pronunciada, ten unha pel de pronunciada cor vermella con lombo escuro, unha lonxitude media de 97 centímetros (38 polgadas) e un peso de 3 a 5 quilos (7 a 11 libras), aínda que se reportaron pesos de até 16 quilos (36 libras). As femias maduras poden ser máis escuras cós machos.
Acuicultura [editar]
- Artigo principal: Acuicultura de salmónidos.
O cultivo en gaiolas no mar de salmón prateado vén facéndose dende fai case medio século, aínda que con escasa produción até 1980, data a partir da cal establecéronse no sur de Chile unha gran cantidade de granxas con gaiolas mariñas, país que no 2004 producía máis de 100.000 toneladas, o que representa preto do 90% da produción mundial desta especie.[1]
Notas [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
