Alosa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Alosa[1] | |
|---|---|
Molécula de alosa. |
|
Fórmula liñal. |
|
| Nome químico | 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol |
| Abreviatura | Alo |
| Fórmula química | C6H12O6 |
| Masa molecular | 180.16 g mol−1 |
| Punto de fusión | 128°C |
| Número CAS | D:2595-97-3 L:7635-11-2 |
A alosa é un monosacárido de seis carbonos (hexosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que pertence ao grupo das aldohexosas. É un monosacárido pouco común, que foi illado do arbusto africano Protea rubropilosa. É soluble en auga e practicamente insoluble en metanol.
[editar] Isómeros
A alosa é un epímero no carbono 3 da glicosa. En disolución acuosa a forma tautómera predominante é a β-D-alopiranosa (70%)[2].
| Isómeros da D-alosa | ||
|---|---|---|
| Forma liñal | Proxección de Haworth | |
<1% |
α-D-alofuranosa 5% |
β-D-alofuranosa 7% |
α-D-alopiranosa 18% |
β-D-alopiranosa 70% |
|
[editar] Notas
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 279
- ↑ (en alemán) Dr. Jürg Hunziker, (16 Juin 1999) Kohlenhydratchemie. 2.1.3. Konformation.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||