FishBase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo

FishBase (Base de datos de peixes) é unha base de datos con información sobre peixes. En xuño de 2013 incluía a descrición de máis de 32.600 especies, 300.100 nomes vulgares en varios idiomas, 52.800 fotografías e 49.000 referencias de traballos na literatura científica, e tiña unha media de 700.000 visitas por mes.

Orixe e primeiros pasos[editar | editar a fonte]

En 1987, Daniel Pauly, inspirado polas Follas de Identificación de Especies (Species Identification Sheets) e outros produtos de Walter Fischer producidos para a FAO na década de 1970, propuxo crear unha base de datos estandarizada para especies de peixes, como parte do "ICLARM Software Project". O ano seguinte, Daniel comezou a traballar xunto con Rainer Froese, quen estivera traballando nun sistema experto para identificar larvas de peixes. Despois dun intento frustrado de construír un sistema utilizando Prolog, Froese cambiou a DataEase, unha base de datos relacional para DOS. En 1989 o proxecto recibiu o seu primeiro apoio económico institucional.

Descrición[editar | editar a fonte]

En 1993 o proxecto cambiou a Microsoft Access e, en 1995, produciu o primeiro CD-ROM, chamado "FishBase 100". Os comentarios nas revistas científicas, aínda que louvaron a idea e o alcance, destacaron que tiña numerosos ocos na información proporcionada. As edicións de CD posteriores fóronse sucedendo cunha frecuencia anual e a versión de FishBase 2004, polo seu volume requiría de cinco CD, ou de un DVD. Para poder visualizar o sistema require Windows 98 ou posterior, e non está dispoñíbel noutras plataformas como Mac OS X ou Linux.

FishBase estivo dispoñíbel na Web por primeira vez en agosto de 1996, e o ano seguinte contratou un webmaster. Isto fixo que toda a información da base de datos estivera dispoñíbel para consulta a través da rede.

A partir do ano 2000, FishBase é administrada polo FishBase Consortium. Este consorcio está formado por:

A medida que os especialistas en peixes foron sabendo da existencia de FishBase, cada vez máis de colaboradores enviaron contribucións (en xuño de 2013, 2.060 colaboradores). Para manter o seu valor como unha base de datos de carácter científico, non se permite engadir información orixinal en FishBase; todo o seu contido debe estar baseado en material que fora publicado con anterioridade.

Wikipedia e FishBase[editar | editar a fonte]

FishBase é unha das referencias máis importantes das Wikipedias no concernente á ictioloxía e en particular á descrición e identificación dos peixes. Porén, na taxonomía, FishBase está moitas veces en desacordo con outra importante base de datos, o SIIT. Nestes casos, moitos editores nas diferentes Wikipedias presentan ambas as taxonomías nos seus artigos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]