Tiburóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Quenlla")
Quenlla

Os selacimorfos (Selachimorpha ou Euselachii), coñecidos popularmente como tiburóns ou quenllas son unha superorde de peixes que pertencen á subclase dos Elasmobranquios (Elasmobranchii). Caracterízanse por ser grandes predadores mariños cun esqueleto cartilaxinoso, múltiples guerlas (xeralmente cinco) ós lados ou debaixo da cabeza, dentículos dérmicos cubrindo o corpo e varias ringleiras de dentes substituíbles na boca. Existen excepcións a estas características, en especial no que se refire a "grande", "mariño" e "predador".

Os tabeiróns inclúen dende variedades pequenas das profundidades mariñas, ata o tiburón balea, o maior dos peixes, que pode chegar a 18 m de lonxitude e se alimenta soamente de plancto. O tiburón touro pódese desprazar a lagos de auga doce e algúns ataques aconteceron en ríos. Algunhas das especies maiores, en especial o mako e o tiburón branco, son homeotermos, capaces de mante-la súa temperatura corporal por riba da que se atopa o medio acuático no cal viven.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas