Lisa Simpson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Personaxe de The Simpsons
Lisa Simpson
Sexo Feminino
Traballo Estudante
Parentes achegados Pais: Homer e Marge
Irmáns: Bart e Maggie
Avós: Abraham, Mona Simpson e Jacqueline Bouvier
Familia Simpson
Actor de dobraxe Yeardley Smith
Primeira aparición
Curtametraxes "Good Night" (1987)
The Simpsons "Simpsons Roasting on an Open Fire" (1989)

Lisa Marie Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a filla mediana de Homer e Marge Simpson e a irmá de Bart e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.

Lisa foi concibida polo caricaturista Matt Groening e debutou na televisión o 19 de abril de 1987, na curtametraxe de debuxos animados titulado "Good Night" do programa de variedades The Tracey Ullman Show.

Yeardley Smith préstalle a súa voz a Lisa na versión inglesa da serie, ademais de facer o mesmo con outros personaxes secundarios ocasionais.

Lisa representa a incansable activista frustrada, serviu como estandarte para causas ecolóxicas, é o vehículo para proxectar a serie ata novas ideoloxías y relixións orientais e é considerada como "centro ético e moral do clan Simpson"[1].

Papel en The Simpsons[editar | editar a fonte]

Lisa Simpson desempeña o papel do membro destacado da familia, cun gran futuro por diante do que apenas se aproveita o seu potencial intelectual. Representa a cativa de oito anos superdotada, activista, idealista, responsable e frustrada; cuxas ganas de facerse maior e querer ser tratada como unha persoa adulta chocan constantemente coa súa idade e crecemento. Os seus dous roles principais na serie consisten en formular os problemas típicos que fan a convivencia de dous irmáns de diferente sexo con apenas dous anos de diferenza e en cuestionar constantemente os valores do mundo adulto a través dun prisma infantil excesivamente crítico e inxenuo.

Os guionistas da serie aproveitan a presenza deste personaxe non só para desenvolver capítulos con tramas de contido ecoloxista e idealista, pero tamén para denunciar o trato humano á natureza e criticar as inconsistencias ou inxusticias das ideoloxías e relixións occidentais.

Como elemento excesivamente racional da serie, ás veces Lisa parece consciente do soporte ficticio no que transcorre parte da vida da familia Simpson. Estes recursos son usados polos guionistas como fonte de humor e para facerlles guiños aos fanáticos máis críticos e esixentes, pero normalmente acostuman ser salvados dalgunha maneira integrándoos con comentarios inxeniosos sobre a mesma realidade ficticia. Lisa é a máis reacia a pronunciar calquera tipo de slogan, xa que o considera como un engano publicitario ou comercial, cousa da que está en contra debido á súa ideoloxía anticapitalista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ray Richmond; Antonia Coffman (1997). The Simpsons: A Complete Guide to Our Favorite Family. New York City. ISBN 0-00-638898-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]