Pato cristado
| Pato cristado | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Aythya fuligula | ||||||||||||
O pato cristado (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.
Índice |
Descrición [editar]
Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico.
Distribución e hábitat [editar]
Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas Británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
Reprodución [editar]
Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agachado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
Alimentación [editar]
O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.
Status [editar]
En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.
Ave de adorno [editar]
O pato cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londinense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
Nome común noutras linguas [editar]
- Alemán:Reiherente
- Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
- Checo:Polák chocholačka
- Danés:Troldand
- Inglés: Tufted Duck
- Español: Porrón moñudo
- Estonio: Tuttvart
- Finés Tukkasotka
- Francés: Fuligule morillon
- Húngaro:Kontyos réce
- Islandés: Skúfönd
- Italiano:
- Neerlandés: Kuifeend
- Noruegués: Toppand
- Sueco: Vigg
Bibliografía [editar]
- T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-8522-3650-7
- Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1