Camposancos, A Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Camposancos.
Camposancos
Guarda Camposancos a Caminha.jpg
Transbordador desde Camposancos (A Guarda), á esquerda, e Caminha (Portugal), á dereita.
Concello A Guarda
Área - km²
Poboación (Ano 2010) 1092 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 10

Santa Isabel de Camposancos é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. É unha das 9 entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.108 habitantes (529 homes e 579 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento continuado en relación aos anos 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999, con 913. Está situada á beira do río Miño, case na súa desembocadura no océano Atlántico.

Índice

[editar] Historia

Etimoloxicamente, o topónimo Camposancos é de orixe latina e equivale a "Campos en ángulo"[Cómpre referencia].

Sábese que no lugar existiu un mosteiro templario do que non quedan restos a non ser as columnas aparecidas nunhas reformas. Camposancos erixiuse en parroquia independente en 1798. Antes de 1870, pertencía a Salcidos e este ó mosteiro de Oia. A igrexa parroquial de Santa Isabel comezou a construírse en 1816 e non se rematou ata 1856.

Separado do antigo Concello da Guarda, o couto medieval de Camposancos, que pertencía como anexo o partido xurisdicional de Barrantes, provincia de Tui, constitúese en concello propio pero en 1836 intégrase no territorio municipal da Guarda.

Camposancos ten a consideración de Entidade Local Menor desde o 23 de maio de 1925, o que lle permitiu ter o seu propio alcalde e un edificio oficial. Para levar a cabo calquera actuación en Camposancos, o concello da Guarda debía por lei informar á entidade local de tal actuación aínda que esta non tivese o poder de cancelala. A metade dos impostos que recadaba a localidade pasaban á Entidade Local.

Camposancos é coñecido polo Colexio dos Padres Xesuítas fundado en 1876 a escasos dous quilómetros da Guarda. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada, que finalmente só estaría en activo durante 5 anos. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdirían dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio está o político pontevedrés Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa República. De 1916 a 1932 foi ocupado polos seus irmáns de relixión portugueses pero baixo o mandato da República, a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.

O recinto do Colexio dos Xesuítas convertido en hospital foi tristemente famoso por albergar durante a Guerra Civil Española o campo de concentración de Camposancos. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado en 1938 por 1.066 reos cando a capacidade -segundo informe oficial do réxime franquista- era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el pero oscila entre os 2.000 e os 3.000 presos.

En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor doutrora e pechou as súas aulas en 1959.

Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, na actualidade existe un proxecto dunha construtora para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.

[editar] Presente

A Comunidade de Montes Veciñais de Camposancos celebra desde hai anos unha festa gastronómica na que se enxalza a paleta e o lacón: a paletada-laconada de San Amaro.

A II Xuntanza de Palilleiras de Galicia celebrouse, nos salóns da Asociación “Os Amigos” de Camposancos, o 25 de xullo de 2006 a coa participación de 65 afeccionadas á arte do encaixe de palillos.

[editar] Política

Nas pasadas eleccións municipais de Camposancos, presentaronse PSdeG-PSOE e PP, obvtivendo:

  • PSdeG-PSOE: 318 Votos
  • PP  : 250 Votos
  • En branco : 19 Votos
  • Nulos  : 64 Votos

Rafael Álvarez Martínez (PSdeG-PSOE) segue sendo o Alcalde/Pedáneo dende 2004. Camposancos ten un censo de 903 persoas cun total de 651 votantes.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Camposancos

Lugares da parroquia de Camposancos no concello da Guarda (Pontevedra)

A Armona | Bouza da Fonte | O Couto | A Granxa | O Muíño | O Outeiro | Palomar | A Pasaxe | Sa | Salgueiró

[editar] Parroquias da Guarda

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Guarda

Camposancos (Santa Isabel) | A Guarda (Santa María) | Salcidos (San Lourenzo)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas