Ponte Vella Internacional Tui-Valença

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′11″N 8°38′49″O / 42.03639758, -8.64695555

Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Localización
RíoMiño
ConcelloTui - Valença
ProvinciaPontevedra - Viana do Castelo
Características
Construción10 de outubro de 1884
Lonxitude399 m
Gálibo22,70 m
MaterialAceiro e pedra

A Ponte Vella Internacional Tui-Valença sobre o río Miño, entre Galiza, no estado español, e o distrito de Viana do Castelo, en Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e ferrocarril.

Historia[editar | editar a fonte]

É falsa a lenda de que é obra de Gustave Eiffel ou un dos seus discípulos.[1] Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda.[2] Inaugurouse oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.

Durante máis de cen anos soportou moito tráfico, ao ser a única ponte para salvar o Miño, fronteira natural entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra de Miño e Monção (15,5 km río arriba), Goián e Vila Nova de Cerveira (14 km río abaixo), e a ponte Tui-Valença (1993) da autovía (670 metros río abaixo).

Durante séculos, as e os peregrinos chegaban a Tui dende Portugal cruzando o río en barcas. A partir de 1884, a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.

A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diarios e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ponte Vella Internacional Tui - Valença
Ponte Vella Internacional Tui - Valença visto desde a Fortaleza de Valença

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]