Río Tamuxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Tamuxe
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Nacementoconcello de Oia
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego
Ponte sobre o Tamuxe en Loureza, Oia.

O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar. Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.

É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso. Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.

Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia. Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Támega, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre