Encoro de Belesar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°37′44″N 7°42′45″W / 42.62889°N 7.7125°W / 42.62889; -7.7125

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Belesar.
Encoro de Belesar.

O Encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. A présa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do lugar de Belesar (na parroquia de Belesar, Chantada), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Foi creado para abastecer a unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A présa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena.

A construción do embalse supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición de Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Críticas ao encoro e fotos:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas