Cinabrio
| Cinabrio | |
|---|---|
| Cinabrio de tonalidade escura | |
| Fórmula química: | HgS |
| Clase: | Sulfuros |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Romboédrico |
| Cor: | De vermella a parda |
| Brillo: | De adamantino a terroso |
| Dureza: | 2,5 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Vermella |
| Densidade: | 8,1 g/cm3 |
O cinabrio (tamén chamado cinabarita; do latín cinabar), é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é HgS (contén un 85% de mercurio e un 15% de xofre). É de cor vermella púrpura, traslúcido, de dureza 2,5 e densidade 8,1 g/cm3.
Índice |
Aspecto [editar]
Na súa forma cristalina o cinabrio presenta un parecido notable co cuarzo na súa simetría e caracteres ópticos. Coma o cuarzo, exhibe unha polarización circular, e Alfred Des Cloizeaux demostrou que posúe quince veces o poder rotativo do cuarzo. Preséntase normalmente nunha masa granular de cristais romboédricos. Raia o xeso e é raiado pola calcita.
Lugares onde se atopa [editar]
Fórmase xunto as rochas volcánicas e fontes cálidas.
O cinabrio pódese encontrar en tódolos lugares que producen mercurio especialmente en Almadén (España), Nuevo Almadén (California), Idrija (Eslovenia), Landsberg, preto de Ober-Moschel no Palatinado, Ripa, ó pé dos Alpes, Apuan (Toscana), a montaña Avala (Serbia), a rexión de Huancavelica (Perú) e a provincia de Kweichow na China, de onde foron obtidos moi finos cristais.
Usos do cinabrio [editar]
Ademais de ser fonte importante de mercurio, é tamén empregado en instrumental científico, aparellos eléctricos e ortodoncia.
Outros sulfuros [editar]
Outros sulfuros de importancia son:
A galena, a pirita, a calcopirita, a arsenopirita e a pirrotina.