Dinastía Romanov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Dinastía Romanov (Ром´aнов en ruso), foi unha familia de orixe lituano, establecida en Moscova dende o século XIV, e que accedeu ao trono en 1613 coa entronización de Miguel I, fillo do patriarca Filareto. A dinastía Romanov rexiu o país até a Revolución de 1917, na que os bolxeviques depuxeron a Nicolao II de Rusia, derradeiro tsar de Rusia.
[editar] Orixe
O Patriarca Filareto, nado como Fiódor Nikitich Románov, era fillo de Nikita Románovich Zajarín-Yúriev, irmán de Anastasia Románovna Zajarina-Yúrieva, (dona e favorita de Iván IV "o terrible") e eran fillos de Román Zajarín-Yúriev (do cal porcede o nome Romanov), fillo de Yuri Zajarievich Koshkin, fillo de Zajary Ivánovich Koshkin, fillo de Iván Fiódorovich Kobyla, de orixe lituano, que estaba ao servizo de Simeón I de Moscova, ao cal alguns fanos descendente de Xulio César.
[editar] Ascenso ao Trono ruso
Gañaron influencia durante o Grande Interregno xerada pola morte de Iván IV (1584). En 1613 unha asemblea de nobres escolleu tsar ao sobriño neto de Iván, Miguel Fiódorovich (1613), co que se iniciou a Dinastía. A Miguel sucedérono Alexis I, Pedro o Grande e os seus medios irmáns Iván V, Fiódor III e Sofía Alekseyevna como rexente.
[editar] Membros da Casa Romanov
Os monarcas da dinastía Romanov foron:
- Miguel I Fiódorovich (1613-1645)
- Alexis I Mikhaílovich o Pacífico (1645-1676), fillo de Miguel III
- Fiódor III Alekséievich (1676-1682), tamén chamado Teodoro III de Rusia, fillo de Alexis I
- Iván V Alekséievich (1682-1696), irmán de Teodoro III, xunto co seu irmán Pedro I
- Pedro I Alekséievich o Grande (1682-1725), irmán de Teodoro III e Iván V
- Catarina I Alekséievna (1725-1727), viúva de Pedro I, de solteira Marta Skavronska
- Pedro II Alekséyevich (1727-1730), hijo de Alexis Petrovich, primoxénito de Pedro I
- Ana Ivánovna (1730-1740), filla de Iván V
- Iván VI Antónovich (1740-1741), fillo de Ana Leopoldovna, sobriña de Ana Ivanovna
- Isabel I Pétrovna a Clemente (1741-1762), filla de Pedro I e Catalina I
- Pedro III Fiódorovich (1762), fillo de Ana Pétrovna, filla de Pedro I e Catalina I
- Catarina II a Grande Alexéievna a Grande (1762-1796), viúva de Pedro III, de solteira Sofía de Anhalt-Zerbst
- Paulo I Pétrovich (1796-1801), fillo de Pedro III e Catarina II
- Alexandre I Pávlovich (1801-1825), fillo de Pablo I
- Nicolao I Pávlovich (1825-1855), irmán de Alexandre I
- Alexandre II Nikoláievich (1855-1881), fillo de Nicolao I
- Alexandre III Alexándrovich (1881-1894), fillo de Alexandre II
- Nicolao II Alexándrovich (1894-1917), fillo de Alexandre III