Lord Byron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Byron")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Lord Byron
Lord Byron
Nacemento: 22 de xaneiro de 1788
Londres
Falecemento: 19 de abril de 1824
Missolonghi
Lingua: inglés
Xénero(s): poesía, literatura
Cónxuxe(s): Anne Isabella Milbanke
Sinatura: Sinatura de Lord Byron

George Gordon Byron, nado en Londres o 22 de xaneiro de 1788 e finado en Missolonghi o 19 de abril de 1824, foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo.

Traxectoria [editar]

Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón Byron, herdou o título e as propiedades.

En 1807 publicouse o seu libro de poemas Horas de lecer. En 1809 ocupou un escano na Cámara dos Lores e emprendeu unha viaxe de dous anos por España, Portugal e Grecia.

A publicación en 1812 dos dous primeiros Cantos de Childe Harold, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou Melodías hebreas, casouse con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa hermanastra Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.

Viaxes [editar]

Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.

En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alí contraeu malaria. Os médicos preescribíronlle unhas sangrías, ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.

Galifontes
A Galifontes ten escritos orixinais de: