Sebastian Haffner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Raimund Pretzel, que empregou o pseudónimo Sebastian Haffner, nado o 27 de decembro de 1907 en Berlín e finado o 2 de xaneiro de 1999, foi un xornalista e escritor alemán que centrou os seus escritos na historia recente do seu país.

Traxexctoria[editar | editar a fonte]

Haffner viuse obrigado a emigrar da Alemaña nazi coa súa compañeira xudía cara Londres, onde comezou a súa carreira como xornalista e na capital británica foi tamén onde primerio utilizou o nome de Sebastian Haffner para evitar que a súa familia, que permanecía en Alemaña, fora perseguida polos seus escritos, chegou a ser xefe de redacción de The Observer. Volveu a Alemaña en 1954 como correspondente de The Observer e colaborou de cotío como columnista na prensa alemá. O seu primeiro libro foi Germany: Jekyll & Hyde que publicou en 1940 e que pretendía explicar aos ingleses o que pasaba na Alemaña nazi.