Robert Guiscard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de Roberto Guiscardo.

Roberto de Hauteville ou Roberto Guiscardo, nado preto de de Coutances contra o ano 1015 e finado o 17 de xullo de 1085, foi un aventureiro normando.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coma outros moitos cabaleiros normandos empobrecidos, Guiscard marchou a Italia, a onde chegou cara o ano 1046. Despois de servir nas forzas do Príncipe de Capua, organizou un exército para crear as súas propias posesións en Calabria.

Cando o papa León IX intentou expulsar aos normandos de Italia en 1053, Guiscard tivo un importante papel na derrota das tropas do Papa en Civitate, localidade próxima á actual cidade de San Severo. Á morte do seu irmán maior Unfrido Guiscardo, Robert convertiuse en líder dos normandos establecidos en Italia. O Papa, que buscaba independizarse do Sacro Imperio Romano Xermánico, decidiu aliarse aos normandos. En 1059 o papa Nicolao II nomeou a Robert pola graza de Deus e de San Pedro, duque de Apulia e Calabria e de aquí en diante, coa axuda dos dous, duque de Sicilia. A cambio, Robert Guiscard reconoceu ao Papa como o seu señor feudal.

Nesa época, Sicilia estaba en mans dos bizantinos, polo que el e o seu irmán Roxelio se embarcaron nunha serie de campañas militares e conquistaron Messina no ano 1061 e Palermo no 1072. Despois dirixiu a súa atención cara aos Balcáns, e en 1081 obtivo unha gran vitoria sobre o emperador bizantino Aleixo I Comneno en Durrës (Durazzo), Albania. Entre tanto, as súas campañas en Macedonia e en Tesalia foron dirixidas polo seu fillo Bohemond (ou Bohemundo) I.

Roberto foi chamado en 1083 para que acudise en auxilio do papa Gregorio VII, que estaba asediado no castelo Sant'Angelo por Henrique IV, emperador do Sacro Imperio, polo que tivo que abandonar as súas vitoriosas campañas. Robert expulsou de Roma ao Emperador e reduciu a cinzas un terzo da cidade. Roberto volveu en apoio do seu fillo Bohemundo na campaña de Grecia, pero morreu de febres en Cefalonia unhas semanas máis tarde en 1085.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]