Butte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un butte é un termo usado nos Estados Unidos e Canadá para designar un prominente alto illado, de ladeiras ben pronunciadas e cun pequeno cumio plano. Os buttes encóntranse por todo o oeste de Estados Unidos, como tamén nas illas de Hawaii, sobre todo, preto de Honolulu. Non se encontran máis que raramente por Europa.

A verba, proveniente do francés, pasou a ser de uso común na xeoloxía, aínda que pode denominarse tamén «colo volcánico», xa que iso é xeralmente a súa orixe, ou con outros nomes, menos precisos, como outeiro ou páramo. Os buttes son similares ás mesas, pero de menor tamaño.

Os buttes fórmanse pola erosión, cando os estratos de rochas máis duras, comunmente de orixe volcánica, que estiveron cubertas por capas de rochas menos resistentes que xa foron erosionadas.

Nos Estados Unidos hai varios condados e cidades que levan o nome de butte, como Butte en Montana, Butte en Alaska ou Butte, en Nebraska. Un butte, chamado Chimney Rock, aparece na moeda estatal de Nebraska.

Índice

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas