Era Cenozoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Eón [1] Era Millóns de anos
Fanerozoico Cenozoico 65,5 ±0,3
Mesozoico 251,0 ±0,4
Paleozoico 542,0 ±1,0
Proterozoico   2.500
Arcaico 3.800
Hadeico ca. 4.570

A Era Cenozoica (tamén escrito era cenozoica), cenozoico ou era terciaria é, na escala de tempo xeolóxico, a era xeolóxica que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.[2] [3]

É a terceira e última era do Eón Fanerozoico e segue á Era Mesozoica. O seu nome procede do lingua grega e significa "animais novos" (de καινός kainós, "novo" e ζωή zoé, "animal" ou "vida"). O período terciario, actualmente non recoñecido pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía, comprendía a Era Cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o Período Cuaternario.[4]

Durante a era cenozoica, a India colisionou con Asia hai 55-45 millóns de anos, e Arabia colisionou despois con Eurasia, pechando o mar de Tetis, hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran pregamento alpino que formou as principais cordilleiras do sur de Europa e Asia, como os Pireneos, Alpes e Himalaias.

Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos, animais que, ao extinguírense os dinosaurios a finais do cretácico, experimentaron unha extraordinaria radiación adaptativa e pasaron a ser a fauna característica.

Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que Homo sapiens non apareceu até hai uns 200.000 anos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O cenozoico divídese en tres períodos, paleóxeno, neóxeno e cuaternario, que á súa vez se dividen en épocas. O paleóxeno comprende as épocas paleoceno, eoceno e oligoceno; o neóxeno comprende mioceno e plioceno, mentras que o cuaternario comprende as épocas plistoceno e holoceno, a última das cales está actualmente en curso.[2] [3] O antigo período terciario comprendía paleóxeno e neóxeno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
  2. 2,0 2,1 Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  3. 3,0 3,1 International Stratigraphic Chart, 2008
  4. Tertiary Informal Sub-era. Based On: Gradstein, Ogg, Smith, _A Geologic Time Scale 2004_

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Era Cenozoica

Outros artigos[editar | editar a fonte]