JaVale McGee
| Denver Nuggets – No. 34 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de xaneiro de 1988 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 114 kg (252 lb) |
| Instituto | Detroit Country Day Providence Christian Hales Franciscan |
| Información da carreira | |
| Universidade | Nevada (2006-2008) |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 18
Escollido por Washington Wizards |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Washington Wizards (2008-2012) Denver Nuggets (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
JaVale Lindy McGee, nado en Flint (Míchigan) o 19 de xaneiro de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto do equipo Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). No Draft da NBA do 2008 foi seleccionado no posto 18 da primeira rolda polos Washington Wizards.
Índice |
Escola secundaria e Universidade [editar]
McGee asistiu a dúas escolas universitarias en Míchigan: Detroit Country Day e Providence Christian, antes de ser trasladado á Hales Franciscan High School en Chicago. [1]O adestrador da Universidade Hales Franciscan de Nevada, Gary London, dicía que a posición natural ideal de McGee na Universidade foi aleiro, e que incluso podería chegar a xogar nesa posición. [1] Despois da súa campaña como sophomore, ou "estudante de segundo ano", na cal realizou un total de 14,3 puntos e 7,3 rebotes, un 53% en tiros de campo e un 33% en tiros de tres, McGee decidiu presentarse ao Draft do 2008.[2]
Carreira na NBA [editar]
Washington Wizards (2008-2012) [editar]
Despois de ser seleccionado no Draft do 2008 polos Wizards, asinou un contrato co equipo de Washington o 9 de xullo nese mesmo ano de 2,4 millóns de dólares estadounidenses por dous anos.[3]
O 9 de xaneiro de 2010, os Wizards multaron a McGee con 10.000 dólares estadounidenses por participar nas tolerías de Gilbert Arenas antes dun partido o 5 de xaneiro de 2012 contra os Philadelphia 76ers; sucedeu no vestiario dos Wizards, cando Arenas xogaba a apuntar cos dedos aos seus compañeiros coma se estes foran armas. Os implicados foron fotografados sorrindo e rindo xunto con Arenas.[4]
O 6 de xaneiro de 2011, McGee foi seleccionado para participar no concurso de mates ou Slam Dunk Contest, sendo o primeiro Wizard en participar no concurso. [5] Quedou en segundo lugar, por debaixo de Blake Griffin. JaVale foi o primeiro xogador en conseguir aparecer no Libro Guinness dos Records grazas ao mate que fixo con tres balóns nunha mesma canastra. O terceiro balón foi pasado polo seu ex-compañeiro de equipo John Wall.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Nevada lands recruit McGee, son of former WNBA star (en inglés)
- ↑ 'Big Secret' out at Nevada; McGee declares for draft (en inglés)
- ↑ Rookie McGee signs contract with Wizards (en inglés)
- ↑ The Washington Wizards have fined four players for participating in Arenas' antics (en inglés)
- ↑ Griffin, Ibaka, Jennings and McGee set for Sprite Slam Dunk (en inglés)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
||||||||