Jerryd Bayless

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerryd Bayless
Sichuan Blue Whales
Posición Base / Escolta
Liga CBA
Información persoal
Nacemento 20 de agosto de 1988 (35 anos)
Phoenix (Arizona)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto St. Mary's (Phoenix, Arizona)
Universidade Arizona (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2008–2010)
New Orleans Hornets (2010)
Toronto Raptors (2010–2012)
Memphis Grizzlies (2012–2014)
Boston Celtics (2014)
Milwaukee Bucks (2014–2016)
Philadelphia 76ers (2016–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–2019)
Sichuan Blue Whales (2019–presente)

Jerryd Andrew Bayless, nado o 20 de agosto de 1988 en Phoenix (Arizona), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA). Mide 1,91 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Bayless foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Indiana Pacers. Os Portland Trail Blazers adquiriron os dereitos de Bayless xunto a Ike Diogu de Indiana a cambio dos dereitos de Brandon Rush, que fora elixido na 13ª posición, xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts. O acordo foi completado o 26 de xuño de 2008, pero foi anunciado o 9 de xullo de 2008.

O 23 de outubro de 2010, Bayless foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio dunha elección condicionada de primeira rolda do Draft.[1]

O 20 de novembro de 2010, Bayless foi traspasado ós Toronto Raptors xunto a Peja Stojaković, a cambio de Jarrett Jack, Marcus Banks e David Andersen.[2]

O 13 de xullo de 2012, Bayless asinou un contrato de varios anos cos Memphis Grizzlies.[3]

O 7 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre os Grizzlies, os Boston Celtics, e os Oklahoma City Thunder. Memphis traspasou a Bayless a Boston, e eleccións de segunda rolda do Draft de 2014 e 2017 a Oklahoma City, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2016, e Courtney Lee dos Celtics. Coma parte da operación, Ryan Gomes foi tamén traspasado dos Thunder ós Celtics.[4]

O 31 de xullo de 2014, Bayless fichou polos Milwaukee Bucks.[5]

O 12 de novembro de 2018, Bayless foi traspasado xunto a Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HORNETS ACQUIRE JERRYD BAYLESS FROM PORTLAND". NBA.com. 2010-10-23. Consultado o 2010-10-24. 
  2. "Raptors Acquire Bayless, Stojakovic And Cash Considerations From New Orleans". NBA.com. 2010-11-20. Consultado o 2010-11-21. 
  3. "Grizzlies sign guard Jerryd Bayless". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  4. "Celtics Acquire Jerryd Bayless". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  5. "Bucks Sign Jerryd Bayless". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014. 
  6. "Team Acquires Four-Time All-Star Jimmy Butler". NBA.com. 12 de novembro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]