Brandon Rush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brandon Rush
Brandon Rush cropped 3993527184.jpg
Golden State Warriors – No. 4
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 7 de xullo de 1985 (29 anos)
Flag of Missouri.svg Kansas City, Misuri
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Westport
(Kansas City)
Mount Zion Christian Academy
(Durham)
Información da carreira
Universidade Kansas (2005–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 13

Escollido por Portland Trail Blazers

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Indiana Pacers (2008–2011)
Golden State Warriors (2011–2013)
Utah Jazz (2013–2014)
Golden State Warriors (2014–presente)
Información en nba.com

Brandon Leray Rush, nado o 7 de xullo de 1985 en Kansas City, Misuri é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

NBA[editar | editar a fonte]

Rush foi seleccionado na 13ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers. Foi traspasado aos Indiana Pacers xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts, a cambio de Jerryd Bayless e Ike Diogu.

O 19 de decembro de 2011, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Louis Amundson.[1]

O 10 de xullo de 2013, os Warriors mandaron a Rush, xunto a Richard Jefferson, Andris Biedriņš e varias eleccións do Draft, ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos que levou a Andre Iguodala e a Kevin Murphy a Golden State.[2]

O 22 de xullo de 2014, Rush asinou un contrato de dous anos cos Golden State Warriors.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]