Nikola Peković
| Minnesota Timberwolves – No. 14 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de xaneiro de 1986 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 131.5 kg (290 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Atlas (2004–2005) Partizan (2005–2008) Panathinaikos (2008–2010) Minnesota Timberwolves (2010–actualidade) |
|
| Información en nba.com | |
Nikola Peković (cirílico: Никола Пековић), nado o 3 de xaneiro de 1986 en Bijelo Polje, é un xogador de baloncesto montenegrino,que xoga nos Minnesota Timberwolves da NBA.
Traxectoria [editar]
A súa carreira deportiva comezou en 2001 na categoría xuvenil do KK Budućnost Podgorica, en 2002 mudou para o KK Atlas, co que estivo tres tempadas ata que no verán de 2005 marchou para o KK Partizan de Belgrado, co Partizan gañou tres títulos da Liga serbia (2006, 2007, 2008), dous títulos da Liga Adriática (2007, 2008) e a Copa Serbia de 2008.
No verán de 2008 deixou o Partizan para asinar polo KAE Panathinaikos grego durante tres tempadas, cobrando catro millóns de € por tempada. Xa na súa primeira tempada no Panathinaikos gañou a Euroliga 2008-09, gañando na final ó CSKA de Moscova.
Despois da disolución de Serbia e Montenegro ofrecéronlle xogar na Selección nacional de baloncesto de Serbia pero el preferiu xogar na Selección nacional de baloncesto de Montenegro.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
||||||||