Semih Erden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Semih Erden
Semith Erden World Cup 2010 silver medal.jpg
Anadolu Efes – No. 9
Pivote
Información persoal
Nacemento 28 de xullo de 1986 (28 anos)
Estambul
Nacionalidade Flag of Turkey.svg Turquía
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Fenerbahçe Ülker
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 60

Escollido por Boston Celtics

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Darüşşafaka S.K. (2003-2004)
KK Partizan (2004-2005)
Fenerbahçe Ülker (2005-2010)
Boston Celtics (2010-2011)
Cleveland Cavaliers (2011-2012)
Beşiktaş Milangaz (2011)
Anadolu Efes (2012-presente)

Semih Erden, nado o 28 de xullo de 1986 en Estambul, é un xogador profesional de baloncesto turco que xoga no Anadolu Efes da Turkish Basketball League. Mide 2,13 e xoga de pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional no Darüşşafaka en 2003, con 17 anos,[1] pertencendo ao equipo junior. Chegou a debutar co primeiro equipo disputando tres minutos ante o Tofaş Bursa, anotando un punto e capturando dous rebotes. Ao ano seguinte fichou co KK Partizan, cos que disputou a Naša Sinalko Liga (liga serbia), onde proclamou campión; a Euroliga, onde xogou 10 partidos promediando 3,0 puntos e 2,3 rebotes; e a liga do Adriático, onde a súa mellor actuación produciuse ante o KK Hemofarm, anotando 17 puntos e collendo 7 rebotes.

En 2005 regresa ao seu país, fichando polo Fenerbahçe, onde fai 6,7 puntos e 5,4 rebotes por partido na liga turca, tendo a súa mellor actuación ante o Galatasaray, onde consegue un dobre-dobre, con 13 puntos e 18 rebotes.[2] Ao ano seguinte gaña o seu primeiro título de campión da liga turca, axudando ao equipo con 5,9 puntos e 3,4 rebotes por partido. Na Euroliga disputa 8 partidos, nos que fai 4,5 puntos e 3,1 rebotes de media.

En 2008 gaña a súa segunda liga turca, tendo unha gran actuación nas finais ante Turk Telekom, facendo nos 5 partidos 9,2 puntos e 5,4 rebotes. Na Euroliga disputa 15 partidos, nos que faia 6,7 puntos e 4,0 rebotes. En 2009 as súas estatísticas na liga turca son de 8,8 puntos e 4,3 rebotes, conseguindo a súa mellor anotación ante o Aliaga Petkim, con 18 puntos. Na Euroliga disputa 12 partidos, nos que fai 6,6 puntos e 4,0 rebotes. Na súa última tempada na liga de Turquía, en 2010 faría 8,7 puntos e 5,4 rebotes, logrando o seu punto número 1.000 na devandita competición o 19 de decembro de 2009.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección turca en competición oficial nos Mundiais de 2006 celebrados en Xapón, onde promedió 2,2 puntos e 2,3 rebotes por partido. en 2009 participou no Campionato de Europa celebrados en Polonia, onde foron eliminados por Grecia en cuartos de final. E en 2010 formou parte do equipo que logrou a medalla de prata no Campionato do Mundo celebrado no seu país.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sesaxésima posición do Draft da NBA de 2008 por Boston Celtics, mais como o xogador tiña aínda contrato co Fenerbahçe quedou no seu país. O 5 de xullo de 2010 asina finalmente cos de Massachussets, un contrato garantido por unha tempada e con opción a unha segunda. Nos seus seis primeiros encontros de pretempada fico unha media de 6,0 puntos e 4,2 rebotes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]