Derrick Rose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derrick Rose
Derrick Rose 2.jpg
Chicago Bulls – No. 1
Base
Información persoal
Nacemento 4 de outubro de 1988 (25 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 86 kg (190 lb)
Instituto Simeon Career Academy (Chicago, Illinois)
Información da carreira
Universidade Memphis
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 1

Escollido por Chicago Bulls

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Chicago Bulls (2008-presente)
Premios e galardóns
Información en nba.com

Derrick Martell Rose, nado o 4 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Chicago Bulls da NBA. Tras ser elixido no draft en 2008, Rose liderou aos Bulls ata os playoffs cada ano. Foi nomeado Rookie do Ano da NBA no ano 2009, converteuse en All-Star na súa segunda tempada, e aos 22 anos, en 2011, foi o xogador máis novo en ser nomeado MVP da Tempada da NBA, sendo o único xogar dos Bulls xunto a Michael Jordan en conseguir dito galardón.

Natural de Chicago, Rose aprendeu a xogar ao baloncesto xunto aos seus tres irmáns maiores. Gañou dous campionatos no instituto, e xogou para a Universidade de Memphis, onde chegou á final do campionato da NCAA. Pouco máis tarde declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, onde foi seleccionado polos Chicago Bulls.[1] No seu primeiro ano no baloncesto profesional foi nomeado Rookie do Ano[2] e elixido no mellor quinteto de rookies da NBA.[3] Na súa segunda tempada, foi elixido para o All-Star,[4] e tamén xogou coma titular no equipo nacional dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA do ano 2010, onde gañou a medalla de ouro.[5]

NBA[editar | editar a fonte]

Chicago Bulls (2008-presente)[editar | editar a fonte]

Tempada 2008-2009: Rookie do Ano[editar | editar a fonte]

Derrick Rose na súa tempada coma rookie.

Rose foi seleccionado na primeira posición do draft polos Chicago Bulls.[1], algo inusual, xa que Chicago só tiña un 1.7% de posibilidades de ter a primeira elección no draft.[6] A mediados de xullo, xogou dous partidos na liga de verano disputada en Orlando, antes de ser baixa por unha tendinite no seu xeonllo dereito,[7] pero que lle permitiu volver en outubro para xogar oito partidos da pretempada.[8]

Rose comezou forte a tempada, converténdose no primeiro xogador dos Bulls en anotar 10 puntos ou máis nos seus primeiros 10 partidos dende Michael Jordan,[9] e foi nomeado Rookie do Mes da Conferencia Leste en novembro e decembro.[10][11] No All-Star Weekend, gañou o concurso de habilidades por delante de varios All-Stars, e convertiuse no primeiro rookie en gañar dito concurso.[12] Despois de dous meses bastante frouxo de forma, Rose recuperouse e foi o mellor rookie do mes de marzo. Mentres tanto, os Bulls, reforzados tras as adquisicións de John Salmons e Brad Miller, rematou 7º na Conferencia Leste, grazas a unha marca de 12-4 a final de tempada. Esta marca contribuiu a que Rose gañara o premio ao Rookie do Ano, uníndose a Michael Jordan (1985) e Elton Brand (2000) coma os únicos Bulls en conseguilo.[2] Foi, ademais, o primeiro número 1 do draft en conseguilo tras LeBron James. Foi tamén elixido no mellor quinteto de rookies da NBA,[3] grazas aos seus 16.8 puntos, 6.3 asistencias (liderando aos rookies) e 3.9 rebotes, cun 47.5% de tiros de campo.

No seu debut nos playoffs contra os Boston Celtics, que defendían o seu anel de campións, Rose anotou 36 puntos, igualando a Kareem Abdul-Jabbar en 1970 coma o rookie en anotar máis puntos no seu debut en playoffs. Ademais, repartiu 11 asistencias e capturou 4 rebotes na vitoria dos Bulls por 105-103 na prórroga.[13][14][15] Rose convertiuse no segundo xogador da historia, despois de Chris Paul, en conseguir 35 puntos e 10 asistencias no seu debut nos playoffs. Os Bulls foron derrotados por 4-3 polos Celtics, e Rose conseguiu 19.7 puntos cun 47.5% en tiros de campo, 6.3 asistencias e 4.9 rebotes.

Tempada 2009-2010: All-Star[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
Baloncesto
FIBA World Championship
Ouro Turquía 2010 Estados Unidos

A tempada de Rose coma sophomore comezou cunha mala nova, tras mancarse o seu nocello no primeiro partido da pretempada. Isto fixo que se perdera o resto da pretempada. Volveu no primeiro partido da tempada na vitoria contra os San Antonio Spurs, pero xogou poucos minutos. En novembro seguiulle molestando o nocello, pero a medida que se foi recuperando, foi mellorando o seu xogo de forma excelente. O 28 de xaneiro, foi elixido para a súa primeira participación no All-Star Game coma reserva do equipo da Conferencia Leste, converténdose no primeiro xogador dos Bulls en aparecer nun All-Star dende Michael Jordan en 1998.[16] Rose conseguiu 8 puntos, 4 asistencias e 3 roubos de balón no seu primeiro partido do All-Star.

O 13 de abril de 2010 contra os Boston Celtics, Rose anotou 39 puntos, con 15 de 22 tiros de campo, e 9 de 10 tiros libres.

Os Bulls clasificáronse outra vez para playoffs na tempada 2009-10, rematando a tempada regular cunha marca de 41-41. Nos playoffs, Rose fixo 26.8 puntos e 7.2 asistencias, pero non foi suficiente para que os Bulls pasaran de rolda contra os Cleveland Cavaliers, perdendo por 4-1.[17]

Segundo unha reportaxe da ESPN, a camiseta de Rose foi a 4ª máis vendida de toda a liga.[18]

Tempada 2010-2011: MVP[editar | editar a fonte]

Rose liderou aos Bulls a 62 vitorias, e á primeira posición da liga.

A súa terceira tempada na NBA comezou de forma sobresaínte. No segundo partido da tempada, contra os Detroit Pistons, Rose anotou 39 puntos, na vitoria de Chicago por 101-91. Dous días despois contra os Portland Trail Blazers, Rose repartiu 13 asistencias, axudando ao seu compañeiro Luol Deng a anotar 40 puntos, o máximo da súa carreira.

O 10 de decembro de 2010, Rose liderou aos Bulls anotando 29 puntos e repartindo 9 asistencias na primeira vitoria sobre Los Angeles Lakers dende o 19 de decembro de 2006. Un mes máis tarde, o 17 de xaneiro, conseguiu o seu primeiro triple-dobre da súa carreira, ao conseguir 29 puntos, 10 rebotes e 12 asistencias contra os Memphis Grizzlies. 10 días máis tarde foi elixido coma titular para o equipo do Leste no All-Star Game de 2011, disputado no Staples Center de Los Angeles, California, casa dos Lakers e dos Clippers.

No último partido antes do All-Star, o 17 de febreiro contra os San Antonio Spurs, Rose conseguiu 42 puntos, a súa mellor marca, xunto a 8 asistencias e 5 rebotes, na vitoria dos Bulls por 109-99.

O 26 de marzo conseguiu a súa mellor marca de asistencias conseguindo 17 na vitoria por 95-87 sobre os Milwaukee Bucks. Ademais, anotou 30 puntos e capturou 3 rebotes.

Ao remate da tempada regular, os Bulls finalizaron na primeira posición da liga, cunha marca de 62-20.[19] Foi a primeira tempada dende a 1997-98 en conseguir máis de 60 vitorias, e a sexta vez na historia da franquía.[20] Rose convertiuse no terceiro xogador en 30 anos en conseguir máis de 2.000 puntos e 600 asistencias nunha soa tempada, por detrás de LeBron James e Michael Jordan.[21]

O 3 de maio de 2011, Derrick Rose, con tan só 22 anos, foi nomeado MVP da Tempada da NBA, o máis novo da historia, sobrepasando a Wes Unseld, que recibiu dito galardón con 23 anos na tempada 1968-69. Rose uniuse a Michael Jordan coma os únicos xogadores da historia dos Chicago Bulls en recibir o premio.[22] O 6 de maio, recibiu o premio de mans do comisionado da NBA, David Stern, no segundo partido da serie das Semifinais da Conferencia Leste contra os Atlanta Hawks, onde Chicago gañou por 86-73, con 25 puntos, 10 asistencias e 5 rebotes de Rose.

O 21 de decembro de 2011, os Bulls anunciaron a extensión do contrato de Rose ata 5 anos, cun valor de 94 millóns de dólares.[23]

Premios[editar | editar a fonte]

  • MVP da Tempada da NBA: 2011[24]
  • Rookie do Ano da NBA: 2009[2]
  • Eleccións NBA All-Star: 2010[25], 2011, 2012[26]
  • Campión Skills Challenge do All-Star: 2009
  • Mellor equipo de rookies da NBA: 2009[3]
  • Rookie do Mes da Conferencia: Novembro, decembro, marzo
  • Xogador da semana da Conferencia
Número Semana Tempada Record
equipo
Puntos por
partido
Rebotes por
partido
Asistencias por
partido
1 28 de decembro de 2009—3 de xaneiro de 2010 2009-10 3-0 26.7 5.0 5.7
2 8 de novembro de 2010—14 de novembro de 2010 2010-11 3-0 21.3 3.0 9.0
3 10 de xaneiro de 2011—16 de xaneiro de 2011 2010-11 3-1 27.3 5.3 6.8
  • Xogador do mes da Conferencia
Número Mes Tempada Record
equipo
Puntos por
partido
Rebotes por
partido
Asistencias por
partido
1 Abril de 2010 2009-10 6-2 25.4 4.1 7.0
2 Marzo de 2011 2010-11 13-3 25.6 3.7 8.0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Bulls go with native Chicagoan Rose over Beasley". ESPN.com. http://sports.espn.go.com/nba/draft2008/news/story?id=3462594. Consultado o 26 de xuño de 2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Chicago Bulls' Derrick Rose named NBA Rookie of the Year". Chicago Tribune. 22 de abril de 2009. http://www.chicagotribune.com/sports/basketball/bulls/chi-090423-derrick-rose-chicago-bulls-rookie-year,0,4035550.story. Consultado o 22 de abril de 2009.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Bulls' Derrick Rose a unanimous selection to the 2008–09 NBA All-Rookie First Team". Chicago Tribune. April 30, 2009. http://www.nba.com/bulls/news/rose_rookieteam_090430.html. Consultado o 3 de maio de 2009.
  4. "Derrick Rose Named 2010 All-Star". ChicagoBulls.com. http://www.nba.com/bulls/news/rose_allstar2010.html. Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
  5. "Bright future keeps Rose cruising along in career". nba.com. http://www.nba.com/2010/news/features/art_garcia/08/31/derrick-rose-feature/index.html?ls=iref:nbahpt1. Consultado o 1 de setembro de 2010.
  6. The Associated Press (May 21, 2008). "Bulls to pick first in draft; Heat, Wolves round out Top 3". ESPN. http://sports.espn.go.com/nba/draft2008/news/story?id=3405648. Consultado o 22 de xaneiro de 2009.
  7. The Associated Press (July 14, 2007). "Bulls top pick Rose out with injury". Northwest Herald. http://www.nwherald.com/articles/2008/07/14/sports/nba/bulls/doc4875766d0549b639551119.txt. Consultado o 14 de xullo de 2008.
  8. Marty Burns (October 27, 2007). "Ahead of schedule? No. 1 pick Rose already turning heads with Bulls". Sports Illustrated. http://sportsillustrated.cnn.com/2008/writers/marty_burns/10/27/rose.bulls/index.html. Consultado o 14 de febreiro de 2008.
  9. Mike Dodd (December 15, 2008). "Early bloomer: Rose already a quiet leader for young Bulls". USA Today. http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/bulls/2008-12-15-rose-cover_N.htm. Consultado o 22 de decembro de 2008.
  10. Information (December 1, 2008). "Rose, Mayo earn NBA rookie honors". Sports Network. http://www.sportsnetwork.com/merge/tsnform.aspx?c=sportsnetwork&page=nba/news/news.aspx?id=4195033. Consultado o 1 de decembro de 2008.
  11. NBA Press Release (January 2, 2009). "Bulls' Rose, Thunder's Westbrook named Rookies of the Month". NBA. http://www.nba.com/2009/news/01/02/010209rom.release/index.html. Consultado o 3 de xaneiro de 2008.
  12. John Jackson (February 15, 2009). "Rose shows off mad skills". Chicago Sun-Times. http://www.suntimes.com/sports/basketball/1432070,CST-SPT-skills15.article. Consultado o 14 de marzo de 2008.
  13. Chris Mannix (April 18, 2009). "Rose, Rondo put on Game 1 show". Sports Illustrated (Time Inc.). http://sportsillustrated.cnn.com/2009/writers/chris_mannix/04/18/bulls.celtics.game.1/index.html. Consultado o 10 de novembro de 2009.
  14. Chris Mannix (April 20, 2009). "Rose testing Celtics' ailing defense". Sports Illustrated (Time Inc.). http://sportsillustrated.cnn.com/2009/writers/chris_mannix/04/20/celtics.bulls.preview/index.html. Consultado o 10 de novembro de 2009.
  15. Steve Aschburner (April 20, 2009). "Rose testing Celtics' ailing defense". Sports Illustrated (Time Inc.). http://sportsillustrated.cnn.com/2009/writers/steve_aschburner/04/18/day1.analysis/index.html. Consultado o 10 de novembro de 2009.
  16. Bulls' Rose selected to All-Star team, consultado o 28 de xaneiro de 2010.
  17. NBA.com : Derrick Rose Info Page
  18. Chicago Bulls' Derrick Rose cracks NBA's top 5 in jersey sales - ESPN Chicago
  19. "NBA Standings - 2010-11". ESPN. http://espn.go.com/nba/standings.
  20. "Chicago Bulls Power Rankings - 2010-11". ESPN. http://espn.go.com/nba/standings.
  21. [http://bleacherreport.com/articles/654658-derrick-rose-the-surprisingly-historic-numbers-of-his-mvp-seeason | Bleacherreport
  22. "Chicago's Derrick Rose Wins 2010-11 Kia NBA MVP Award". NBA.com. http://www.nba.com/2011/news/05/03/mvp-award/index.html?ls=iref:nbahpt1. Consultado o 3 de maio de 2011.
  23. Bulls ink reigning MVP Rose to five-year extension
  24. "Chicago's Derrick Rose Wins 2010-11 Kia NBA MVP Award". NBA.com. http://www.nba.com/2011/news/05/03/mvp-award/index.html?ls=iref:nbahpt1. Consultado o 3 de maio de 2011.
  25. NBA.com: Nowitzki leads parade of reserves to Dallas
  26. 2012 All-Star Player Profiles: Derrick Rose

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derrick Rose

Estadísticas[editar | editar a fonte]

Perfiles[editar | editar a fonte]