Anthony Randolph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Randolph
Anthony Randolph.jpg
Minnesota Timberwolves – No. 15
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1989 (22 anos)
Flag of Germany.svg Wurzbach, Alemaña do Oeste
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Woodrow Wilson HS
Información da carreira
Universidade LSU
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 14

Escollido por Golden State Warriors

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Golden State Warriors (2008-2010)
New York Knicks (2010-2011)
Minnesota Timberwolves (2011-presente)
Información en nba.com

Anthony Erwin Randolph, Jr., nado o 15 de xullo de 1989 en Wurzbach, Alemaña do Oeste, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).

Índice

[editar] Traxectoria profesional

Randolph foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Golden State Warriors, onde xogou durante dúas tempadas.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Kelenna Azubuike, Ronny Turiaf, e unha elección de segunda rolda do Draft, a cambio de David Lee.[1]

O [[22 de febreiro] de 2011, Randolph foi traspasado aos Minnesota Timberwolves nunha operación entre tres equipos, que mandou a Carmelo Anthony dos Denver Nuggets aos New York Knicks.[2] No seu primeiro partido coma titular do ano o 24 de marzo, conseguiu a mellor anotación da súa carreira con 31 puntos, e capturou 13 rebotes.

[editar] Notas

  1. Knicks Acquire Randolph, Azubuike & Turiaf. NBA.com (9 de xullo de 2010). Consultado o 9 de xullo de 2010.
  2. Wolves Acquire Anthony Randolph. NBA.com (2011-02-22). Consultado o 2011-02-23.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas