Robin Lopez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robin Lopez
Robin Lopez Hornets 2.jpg
New Orleans Hornets – No. 15
Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de abril de 1988 (25 anos)
Flag of California.svg Val de San Fernando, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 116 kg (255 lb)
Instituto San Joaquin, Fresno
Información da carreira
Universidade Stanford
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 15

Escollido por Phoenix Suns

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Phoenix Suns (2008-2012)
New Orleans Hornets (2012-presente)
Información en nba.com

Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 en Val de San Fernando, California, é un xogador de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro de xogadores dos New Orleans Hornets da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote.

É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Índice

Traxectoria[editar]

Universidade[editar]

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia.[2] Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.

En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[3] No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.[4]

Estatísticas[editar]

Ano Idade P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB TAP FP  %TC  %TL  %3P
2006-2007 18 31 24.0 7.5 5.5 0.9 1.5 0.63 0.2 2.4 2.3 .480 .545 0.00
2007-2008 19 36 24.5 10.2 5.7 0.6 1.8 0.33 0.5 2.3 2.6 .534 .652 1.000

Profesional[editar]

Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.[5]

O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.[6]

Notas[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]