J. J. Hickson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J. J. Hickson
JJHickson.jpg
Denver Nuggets – No. 7
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 4 de setembro de 1988 (26 anos)
Atlanta Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 110 kg (242 lb)
Instituto Joseph Wheeler HS
(Marietta, Xeorxia)
Información da carreira
Universidade North Carolina State (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 19

Escollido por Cleveland Cavaliers

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2008–2011)
Bnei HaSharon (2011)
Sacramento Kings (2011–2012)
Portland Trail Blazers (2012–2013)
Denver Nuggets (2013–presente)
Información en nba.com

James Edward "J. J." Hickson Jr., nado en Atlanta (Xeorxia) o 4 de setembro de 1988, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hickson foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Cleveland Cavaliers. No seu debut cos Cavs anotou catro puntos contra os Charlotte Bobcats. Tras a pretempada de 2010, os Cavaliers decidiron exercer a súa opción de renovar un cuarto ano a Hickson.[1]

O 30 de xuño de 2011, Hickson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio de Omri Casspi e unha elección de primeira rolda do Draft.[2]

En outubro de 2011, durante o lockout da NBA, fichou polo Bnei HaSharon da Ligat HaAl de Israel. Porén, Hickson deixou o equipo tras xogar un só partido.[3]

O 19 de marzo de 2012, Hickson foi cortado polos Kings no último ano do seu contrato de rookie.[4][5] O 21 de marzo de 2012, os Portland Trail Blazers ficharon a Hickson.[6]

O 11 de xullo de 2013, Hickson asinou cos Denver Nuggets.ref>Denver Nuggets Sign Free-Agent Forward J.J. Hickson</ref>

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]