Jason Thompson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jason Thompson
Wisconsin Herd – No. 2
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 21 de xullo de 1986 (37 anos)
Nova Jersey Mount Laurel, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Instituto Lenape (Medford, Nova Jersey)
Universidade Rider (2004–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Sacramento Kings (2008–2015)
Golden State Warriors (2015–2016)
Toronto Raptors (2016)
Shandong Golden Stars (2016–2017)
Fenerbahçe (2017–2018)
Sichuan Blue Whales (2018–2019)
Zaragoza (2020)
Shanghai Sharks (2021)
Guangdong Southern Tigers (2021)
Wisconsin Herd (2022–presente)

Jason Carlton Thompson, nado o 21 de xullo de 1986 en Mount Laurel, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Wisconsin Herd da NBA G League.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Thompson foi un dos tres xogadores na NCAA en 2007 en facer 20 puntos e 10 rebotes por partido. Os outros dous foron Kevin Durant da Universidade de Texas, e Nick Fazekas da Universidade de Nevada]].

Na súa tempada coma sénior, na 2007-08, Thompson acadou 20.4 puntos, 12.1 rebotes, 2.7 tapóns e 1.1 roubos por partido.[1] A súa mellor actuación foi o 9 de marzo de 2008 cando anotou 32 puntos e capturou 18 rebotes contra o Marist College.[2] Liderou a Rider ó Torneo da Metro Atlantic Athletic Conference de 2008 contra o Siena College un día máis tarde, pero perderon por 74-53, malia os 22 puntos e 12 rebotes de Thompson.[3] Rider rematou cunha marca de 23-10.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Thompson foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Sacramento Kings.

O 25 de xuño de 2012, os Kings fixéronlle a Thompson unha oferta para ser axente libre restrinxido.[4] O 11 de xullo de 2012, os Kings acordaron asinar de novo a Thompson.

O 20 de febreiro de 2020, Thompson asinou ata final de tempada co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.[5] O 24 de abril de 2020, Thompson e o Zaragoza chegaron a un acordo para a desvinculación do xogador, tras a situación xerada pola pandemia da COVID-19.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]