Mario Chalmers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Chalmers
Chalmers Wizards.jpg
Miami Heat – No. 6
Base
Información persoal
Nacemento 19 de maio de 1986 (28 anos)
Flag of Alaska.svg Anchorage, Alasca
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 88 kg (195 lb)
Salario $773.500
Instituto Bartlett, Anchorage
Información da carreira
Universidade Kansas
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34

Escollido por Minnesota Timberwolves

Carreira dende 2008
Historial de equipos
Miami Heat (2008-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012, 2013)
Información en nba.com

Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage, Alasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro dos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.

Universidade[editar | editar a fonte]

Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un record da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]

Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o record dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluido no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.

Na súa tempada junior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo una gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

TEMPADA P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB
2005-2006 33 26.0 11.5 2.2 3.8 2.8 1.37 2.7
2006-2007 38 29.2 12.2 3.0 3.3 2.4 1.36 2.6
2007-2008 39 30.0 12.8 3.1 4.3 1.9 2.25 2.5

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]

Tempada 2008-09[editar | editar a fonte]

Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o lider de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un record para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]

Tempada 2009-10[editar | editar a fonte]

Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo pulgar do pé.[10] Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.

Tempada 2010-11[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]

No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bocina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30,[12] pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]