Ryan Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ryan Anderson
Ryan Anderson Hornets.jpg
New Orleans Pelicans – No. 33
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1988 (25 anos)
Flag of California.svg Sacramento, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 110 kg (242 lb)
Instituto Oak Ridge, California
Información da carreira
Universidade California
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 21

Escollido por New Jersey Nets

Carreira dende 2008
Historial de equipos
New Jersey Nets (2008–2009)
Orlando Magic (2009-2012)
New Orleans Hornets/Pelicans (2012-presente)
Premios e galardóns
Xogador Máis Mellorado da NBA (2012)
Información en nba.com

Ryan James Anderson, nado o 6 de maio de 1988 en Sacramento, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). Con 2,08 metros de alzada xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Procedente do Instituto Oak Ridge, Anderson xogou dúas tempadas na Universidade de California. No seu primeiro ano liderou aos Golden Bears en anotación (16,3 puntos por partido) e en rebotes (8,2), finalizando quinto en ambas as categorías na Pacific Ten Conference, logrando ademais a marca de máis rebotes capturados por un "freshman" na historia da universidade con 269. Os Golden Bears chegaron até as semifinais do torneo da Pac-10 de 2007, caendo eliminado ante Oregon a pesar dos 17 puntos e 12 rebotes de Anderson. Previamente, na primeira rolda, desfixéronse de Oregon State cun gran Anderson, asinando 27 puntos e 15 rebotes.[1]

Na súa segunda tempada en California, os seus números ascenderon até os 21,1 puntos, liderando a conferencia e finalizando decimo oitavo na nación, e 9,9 rebotes, terceiro na Pac-10. Os seus 697 puntos foi a segunda mellor marca anotadora na historia dos Golden Bears, converténdose ademais no primeiro xogador de California en conseguir polo menos 600 puntos e 300 rebotes. Anotou en dobres figuras nos 33 partidos que disputou, anotando 20 ou máis puntos en 18 ocasións e chegando á marca de 30 puntos en catro partidos. Debido a que California non se clasificou para o torneo da NCAA, Anderson foi peza crave para entrar na National Invitation Tournament, onde caeron en segunda rolda ante Ohio State.

Anderson foi nomeado no segundo equipo All-America e foi elixido no mellor quinteto da conferencia. Deixou os Golden Bears como o 16ª máximo anotador da historia de California con 1.236 puntos e foi o primeiro sophomore en superar a barreira de 1.000 puntos. Tamén finalizou noveno en triplas anotados (122) e terceiro en porcentaxe de tiros libres (84,1).[1]

NBA[editar | editar a fonte]

Anderson foi seleccionado por New Jersey Nets na vixésimo primeira posición do Draft da NBA de 2008, equipo co que asinou contrato en xullo de 2008 por dúas tempadas, a razón de 1 millón de dólares a primeira campaña e 1,1 a segunda, ampliable a dous anos máis.[2]

O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Vince Carter a Orlando Magic a cambio de Rafer Alston, Tony Battie e Courtney Lee.[3] Anderson comezou a tempada 2009-10 coma titular, en lugar do sancionado Rashard Lewis.

Na tempada 2011-12, foi premiado co galardón ao Xogador máis mellorado da NBA.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]