Polgada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.). En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición).

Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.[Cómpre referencia] Foi utilizada en moitos países, con diferentes equivalencias (moi probablemente dependendo da anchura da falanxe do gobernante que fixou a medida ou, máis ben, do tamaño desa falanxe que quería ter o gobernante para que os súbditos o tivesen por alguén moi grande).[Cómpre referencia] Pero tras a introdución do sistema métrico decimal no século XIX, foise abandonando en case todo o planeta, salvo nos países da angloesfera (aínda que tamén neles estase empezando a adoptar o Sistema Internacional de Unidades).

Como exemplo, unha polgada castelá equivalía a 23,22 milímetros, mentres que a anglosaxoa actual equivale a 25,4 mm. A polgada é unha medida de lonxitude antropométrica que equivalía á lonxitude dun polgar. En inglés chámase inch.

A polgada no mundo[editar | editar a fonte]

A polgada foi substituída en gran parte do mundo por unidades do SI. As equivalencias son:

  • En uso
  • Obsoletas
    • 1 polgada (Sistema castelán de Filipe II) = 2,32166 cm.
    • 1 polgada (Aragón) = 2,14 cm.
    • 1 polgada (México) = 2,3278 cm.

A polgada imperial segue en uso, aínda que confinada sobre todo a Estados Unidos. En 1958 definiuse que a polgada imperial equivalería a exactamente 2,54 centímetros.

Equivalencias[editar | editar a fonte]

  • 1 vara / 1 iarda = 36 polgadas
  • 1 varapé = 12 polgadas
  • 1 polgada = 12 liñas
  • 1 polgada = 72 puntos

Nota: Cando se fala de roscas de gas en polgadas, esta medida non se refire directamente ao diámetro da rosca. Para coñecer a medida exacta do diámetro o mellor é acudir a un prontuario mecánico. Buscar como rosca "Briggs" americana para tubos de gas, auga e vapor. Por exemplo rosca G1/4 --> Diámetro exterior medio = 12,12 mm