Dwight Howard
| Orlando Magic – No. 12 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de decembro de 1985 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 120 kg (265 lb) |
| Salario | $15.202.590 |
| Instituto | SW Atlanta Christian Academy |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 1
Escollido por Orlando Magic |
| Carreira | dende 2004 |
| Premios e galardóns | |
| 6× NBA All-Star (2007-2012) 1× Concurso de mates (2008) 1× Mellor Defensor (2009) 2× Máximo reboteador (2008, 2009) |
|
| Información en nba.com | |
Dwight David Howard, nado o 8 de decembro de 1985 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que milita no equipo de Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). É alcumado familiarmente Thunder (trono) e Man-Child (home-neno), aínda que tras a súa participación no All-Star de 2008 tamén se lle coñece como Superman, debido á orixinalidade dun dos seus mates. Saltou directamente do instituto a xogar cos profesionais, sen pasar pola universidade. Con 2,11 metros e 120 quilos, xoga na posición de pivote, sendo considerado como un dos mellores reboteadores da liga.
Índice |
[editar] Traxectoria deportiva
[editar] High School
Howard estudou no instituto privado Southwest Atlanta Christian Academy, cun dos mellores programas de baloncesto do estado. Durante a súa traxectoria escolar, fixo 16,6 puntos, 13,4 rebotes e 6,2 tapóns por partido, ao longo de 129 encontros. Gañou en 2004 o prestixioso Naismith Award, que lle distinguía como mellor xogador escolar do país.
[editar] Profesional
Foi seleccionado polos Orlando Magic co número 1 do Draft da NBA de 2004, e non defraudou na súa primeira campaña, sendo elixido no mellor quinteto de rookies (terceiro na votación) e acabando con dobres díxitos de media en puntos e en rebotes, algo que soamente oito xogadores lograron na historia no seu primeiro ano profesional. Converteuse no único novato vindo directamente do instituto en saír como titular nos 82 partidos da liga regular de toda a historia da NBA, e foi oitavo na clasificación de reboteadores, décimo na de porcentaxe de tiro, e decimonoveno na de taponadores.
Na súa segunda tempada as súas números medraron até os 15,8 puntos e 12,5 rebotes. O 16 de novembro de 2007, durante o partido entre Magic e Nets, Howard converteuse no xogador máis novo da historia en alcanzar os 3000 rebotes; superando así a marca anterior, en posesión de Shaquille O'Neal. Gañouse o alcume de Superman, que antes tiña Shaquille O'Neal, ao realizar un mate no Sprite Slam Dunk 2008 vestido coma esta personaxe de ficción, no All Star de Nova Orleans, que finalmente gañou. En 2008 e 2009 foi o máximo reboteador da competición.
[editar] Logros persoais
- 6 veces All-Star: 2007-2012
- Elixido no mellor quinteto de rookies en 2005
- É o xogador máis novo da historia en conseguir 20 rebotes nun partido.
- É o xogador máis novo en facer unha media de dobre-dobre nunha tempada.
- É o xogador máis novo en en facer unha media de 10 rebotes nunha tempada.
- É o xogador máis novo en anotar máis de 20 puntos e capturar máis de 20 rebotes nun partido.
- É o xogador máis novo en alcanzar os 3000 rebotes na NBA, con 21 anos e 343 días.
- É o xogador máis alto da historia en gañar un concurso de mates
- Elixido mellor defensor da NBA en 2009.