Courtney Lee
| Houston Rockets – No. 5 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de outubro de 1985 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Instituto | Pike, Indianapolis |
| Información da carreira | |
| Universidade | Western Kentucky |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 22
Escollido por Orlando Magic |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Orlando Magic (2008–2009) New Jersey Nets (2009–2010) |
|
| Información en nba.com | |
Courtney Lee, nado o 3 de outubro de 1985 en Indianapolis, Indiana, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que dende 2009 pertence ao cadro de xogadores dos Houston Rockets da National Basketball Association. Mide 1,96 metros de altura, e xoga na posición de escolta.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Universidade
Xogou durante catro tempadas cos Hilltoppers da Western Kentucky, sendo titular en todos os partidos que disputou. Foi elixido en tres ocasións no mellor quinteto da Sun Belt Conference, e na súa tempada senior, tras acadar 20,4 puntos, a segunda mellor marca da conferencia e no posto 28 da nación, levou ao seu equipo a disputar os oitavos de final do Torneo da NCAA, conseguindo o premio de mellor xogador da conferencia.[1]
No total da súa traxectoria universitaria acadou 17,6 puntos e 5,2 rebotes por partido.[2] Licenciouse en socioloxía e criminoloxía.
[editar] Profesional
Foi elixido na 22ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Orlando Magic, equipo co cal asinou contrato a principios do mes de xullo de 2008. Na súa primeira tempada coma novato cos Magic foi campión da conferencia leste e alcanzou as finais da NBA contra os Lakers perdendo nesa serie por 4-1.
O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Rafer Alston e Tony Battie aos New Jersey Nets a cambio de Vince Carter.[3] Con todo, pouco máis dun ano despois, o 18 de agosto de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets.