Ronny Turiaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronny Turiaf
Ronny Turiaf.jpg
Minnesota Timberwolves – No. 32
Pivote
Información persoal
Nacemento 13 de xaneiro de 1983 (31 anos)
Flag of France.svg Le Robert, Martinica
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Instituto George Washington, Denver
Información da carreira
Universidade Gonzaga (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 37

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Yakama Sun Kings (2006)
Los Angeles Lakers (2005-2008)
Golden State Warriors (2008–2010)
New York Knicks (2010-2011)
ASVEL Lyon-Villeurbanne (2011)
Washington Wizards (2011-2012)
Miami Heat (2012)
Los Angeles Clippers (2012-2013)
Minnesota Timberwolves (2013-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012)
Información en nba.com

Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Turiaf foi elixido no Draft da NBA de 2005 polos Los Angeles Lakers na 37ª posición, onde xogou ata o ano 2008. Despois pasou dúas tempadas nos Golden State Warriors.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Anthony Randolph, Kelenna Azubuike e unha futura elección de segunda rolda do Draft a cambio de David Lee.[1]

Durante o lockout da NBA, asinou polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB.[2]

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Denver Nuggets, nun traspaso a tres bandas entre os Nuggets, os Los Angeles Clippers e os Washington Wizards. Foi cortado uns días máis tarde.[3]

O 21 de marzo de 2012, asinou cos Miami Heat ata final de tempada.[4] O 21 de xuño de 2012, Turiaf gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Heat.

O 27 de xullo de 2012, Turiaf fichou polos Los Angeles Clippers.[5]

O 18 de xullo de 2013, Turiaf asinou cos Minnesota Timberwolves.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]