Frank Vogel
Frank Vogel, nado o 21 de xuño de 1973, é o adestrador principal dos Indiana Pacers da NBA.[1] Vogel fixo anteriormente de ollador para os Los Angeles Lakers e os Washington Wizards. Vogel ademais foi adestrador asistente dos Philadelphia 76ers e dos Boston Celtics.
Traxectoria [editar]
Vogal comezou a súa carreira coma coordinador de vídeo dos Boston Celtics para o adestrador Rick Pitino. Estivo nese posto durante cinco anos ata que ascendeu a adestrador asistente.[1] Tras a súa etapa en Boston, convertiuse en adestrador asistente dos Philadelphia 76ers. Vogel deixou os 76ers para ser ollador dos Los Angeles Lakers na tempada 2005-06 e dos Washington Wizards na tempada 2006-07. Despois, Vogel fíxose co posto de asistente nos Indiana Pacers, con Jim O'Brien de adestrador. En 2011, tras ser despedido O'Brien, Vogel foi nomeado adestrador provisional.[2] Coma adestrador, Vogel liderou aos Pacers á súa primeira participación en playoffs dende o ano 2006. Vogel foi nomeado oficialmente adestrador principal dos Pacers o 6 de xullo de 2011.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Frank Vogel". NBA. http://www.nba.com/coachfile/frank_vogel/index.html?nav=page. Consultado o 31 January 2011.
- ↑ "Pacers relieve O'Brien of coaching duties". NBA.com. 30 de xaneiro de 2011. http://www.nba.com/pacers/news/obrien_release_110130.html. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.